O Pleno de Zas terá que ratificar o apoio unánime ás accións para recuperar as 35 horas de pediatría
A coordinadora “Zas sen recortes en pediatría” solicitou o pasado 14 de febreiro a convocatoria dun pleno para tratar os recortes no servizo de pediatría. O Concello colle a luva e xa ten convocado para este venres 22 de febreiro, ás 19:00 horas na Casa do Concello un pleno extraordinario e urxente no que se tratarán varios temas relacionados coa sanidade.
Así, na orde do día figuran a análise, debates e acordos que procedan sobre os recortes na sanidade galega efectuados polo Partido Popular na comunidade galega; a análise, debate e acordos que procedan sobre a situación sanitaria no Concello de Zas e a análise, debate e acordos que procedan sobre a solicitude efectuada pola coordiinadora que buscan o apoio de toda a corporación municipal a todas as accións que se fagan dende a plataforma co fin de restablecer o servizo e recuperar as 35 horas de atención pediátrica á semana para os máis de 330 nenos e nenas do concello.
Todas as novas sobre os recortes no pediatra
- 20-02-19: Profesionais e familias únense nas concentracións dos mércores nos Centros de Saúde.
- 15-02-19: Aurelio Núñez tampouco aporta solucións ao problema cos pediatras.
- 10-02-19: As familias de Zas e Dumbría expanden a loita contra os recortes en Pediatría.
- 04-02-19: Zas sen Recortes en Pediatría volve do Parlamento cos apoios da oposición e cero compromiso do PP.
Máis novas
- Ás familias de Dumbría e Muxía tócalles levar aos fillos a Fisterra.
- De Carnota a Santiago, pasando por Muros, para ver ao pediatra.
- De Dumbría a Muxía ou Cee para ver o pediatra.
- De Muxía a Cee para ver o pediatra.
- De Zas á Ponte do Porto para ver ao pediatra.