Xoves. 28.03.2024
El tiempo

RECORTES

As familias de Zas e Dumbría expanden a loita contra os recortes en Pediatría

A Coordinadora Zas sen recortes en pediatria na Manifestacion de Santiago
A Coordinadora Zas sen recortes en pediatria na Manifestacion de Santiago
As familias de Zas e Dumbría expanden a loita contra os recortes en Pediatría

Despois de conseguir o apoio dos Grupos Parlamentarios da oposición, e as excusas do PP, a Coordinadora Zas sen Recortes en pediatría tivo unha fin de semana ben activa. O domingo estiveron na manifestación celebrada este domingo en Santiago convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública. A comitiva zaseira formou como outros milleiros de persoas trala pancarta co lema 'Sanidade Pública en Perigo’. Iso si, a súa estivo moi presente.

Non faltaron as familias de Dumbría, que tamén levaron as súas pancartas e berraron ben alto por unha sanidade pública digna.

Familias de Dumbria na mabnifestacionde Santiago der SOS Sanidade Publca

Zas sen recortes en Pediatria no Trail da Filloa

Non faltaron tampouco á cita co Trail da Filloa, unha das festas zaseiras xa máis importantes do ano, onde puxeron a pancarta e repartiron os lazos morados ante a boa resposta da cidadanía.

Lazos MOrados en Zas polo servizo de pediatria

Reunión coas familias

O pasado venres a Coordinadora organizaba unha reunión veciñal, á que asistiron tamén pais e nais de Muxía e Dumbría, porque o que lles toca a uns hoxe será o que lles toque aos outros mañá.0

A Coordinadora explicou como foron as reunións cos grupos parlamentarios

Outros dos puntos tratados foron uns papeis informativos que están colgados na sala de espera de pediatría de Vimianzo, á que teñen que acodir as familias dumbriesas, e que define moi ben a intención da Xunta de Galicia. Uns papeis que invitan aos pais a manter aos nenos en casa ata que se marquen as costelas, ata que non pasen 3 ou 4 días con febre, ou ata que non pasen dúas semanas con tos e mocos....

A sensación de todas as familias durante a reunión analizando estas indicacións do Sergas foron de absoluta indignación.

Cartel sobre o catarro en Vimianzo

Novas relacionadas

Comentarios