Martes. 19.03.2019
El tiempo

De Carnota a Santiago, pasando por Muros, para ver ao pediatra

De Carnota a Santiago, pasando por Muros, para ver ao pediatra
Centro de Saude de Carnota Imaxe do Centro de Saúde de Carnota Rematou un 2018 de loita social, no que as comunidades de pais e nais uniron forza para alzar a voz contra os continuos recortes en materia de sanidade pública. O ridículo servizo de pediatría leva alzado a pais e nais de Zas, de Dumbría e de Muxía, a pesar dos continuo desdén da Área Integrada Sanitaria da Coruña. Mentres, seguimos sufrimos as carencias nun servizo tan necesario como é a atención na infancia, “unha idade especialmente vulnerable qie debe estar atendida dignamente e cos medios que se precisan en tódolos ámbitos básicos, e que o rural, contorno maioritario e tamén especialmente vulnerable, debería ver compensado con politicas de sectorización axeitadas ás súas carencias respecto aos contornos urbanos”. Son palabras de Ester Vázquez Blanco, veciña de Carnota que vén de sufrir as consecuencias do “vergoñento” servizo de saúde pública durante este pasado fin de ano. “Non hai maneira de ensinarlles aos meus 3 fillos que enfermen os mércores ás 10:00h da mañá, cando temos o pediatra atendendo no Centro de Saúde de Carnota” (ten profesional compartido con Muros e atende en Carnota os luns, mércores e venres de 900h a 11:00), bromea Ester, case que por non chorar. Desta volta, tocou un luns, pero claro, 31 de decembro, e as vacacións dos profesionais non están cubertas con substitutos. Ester non quere “a típica reportaxe facilona de “pasar fin de ano enfermiño”, pois “no pack de ser nai/pai xa sabemos que non entende de datas”. Pero si que quere deixar clara a denuncia sobre o estado dos nosos servizos públicos. O caso é que tiveron que facer quilómetros e quilómetros este fin de ano por unha urxencia médica. Por mor das vacacións dun dos profesionais de Muros (Carnota queda sen servizo cando un dos dous non está), os enfermos de Carnota teñen que desprazarse ata Muros, onde xa hai unha importante saturación, ademais nestes días de catarros e gripes. Tal é a saturación que non conseguiron cita, e as crises respiratorias do pequeno de 10 meses por bronqueolite aguda precisan unha atención inmediata. Tocaba esperar, con outros 15 [email protected], uns con cita e outros de urxencia sen ela, masificando o traballo do único pediatra, e ademais “xuntando durante horas nenos enfermos co risco de contaxio” e provocando que non se poidan discernir as urxencias máis graves pola cantidade de visitas sen cita. ”Así, tivemos que esperar, como outras tantas familias, hora e media cun bebe cun problema respiratorio que se agravou neste tempo de espera. Cando nos atendeu a pediatra recoñeceu que debería ter tido prioridade, pero naquel caos era imposible facer triaxe. E derivounos a Urxencias Hospitalarias de Santiago, porque en Cee só hai especialista en horario de consulta, e nas urxencias só está de retén e non sempre o chaman os de atención primaria”, relata. Parecía que, despois doutra hora de coche, a cousa saíría mellor. Pero, como non, as urxencias pediátricas estaban masificadas. “Dúas pequenas salas ateigadas de nenos con todo tipo de doenzas misturados, lesións xunto a afeccións infeciosas co risco de contaxio”, lamenta. ”En todo caso, fomos atendidos enseguida pola urxencia do bebe, asignousenos unha cama nunha sala con 8 prazas. Unhas horas despois e cando o tratamento fixo efecto e se normalizou a respiración do bebe, fomos desaloxados da cama de urxencias e derivados de novo a sala de espera masificada para completar o periodo de seguemento da efectividade do tratamento e que outro neno doente dos que estaba agardando puidese dispor de cama. Fomos desaloxados nese momento dous nenos polas mesmas razóns. Non atopo palabras pa expresar a miña indignación por isto, de verdade”, sinala aínda consternada. “Expoñemos a un bebe que ingresou en urxencias cunha crise respiratoria aos xermes dunha sala de espera ateigada, pequena, mal ventilada e sen criterios de clasificación e separacion de doentes?”, pregúntase con despesperación. ”Este é o servizo de saúde pública que nos merecemos en Galicia?” preguntámonos nós.

Zas segue loitando

Mentres as Plataformas creadas na bisbarra seguen pelexando, e a pioneira, "Zas sen recortes en pediatría" estivo presente na simpática San Silvestre de Baio, para pechar un ano de batalla. Zas sen recortes en pediatria na San Silvestre de Baio A plataforma Zas sen recortes en pediatría presente na San Silvestre de Baio  

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/a-area-sanitaria-non-se-compromete-servizo-pediatria-costa-da-morte/

Máis novas

Comentarios