Os Premios Fouciño volven para converter Baio na capital audiovisual

Imaxe dos premios dunha das edicións anteriores

Unha das citas audiovisuais de referencia na comarca ponse de novo en marcha. A 4ª edición dos Premios Fouciño, volve ser unha realidade despois dun parón de 6 anos e unha pandemia mundial. Por sorte, a promotora Asociación Cultural Premios Fouciño, ca colaboración do Concello de Zas, rescatan este singular festival de curtametraxes que ten como obxectivo principal fomentar o cinema independente e amador como medio de expresión, así como premiar a creatividade da rapazada e incentivar o uso do galego na rede.

O certame de cinema celebrarase o 2 de novembro, cunha semana de actividades previas. Pero ata esa data hai moito percorrido. A inscrición está aberta do 1 de abril ao 31 de xuño (podedes ver as bases do concurso), para facerse con parte dos 1.700 € que se entregarán en 3 premios: 1.000€ para a categoría xeral, 500€ para a escolar e 200€ para o premio do público.

Obradoiros escolares

Para fomentar a participación dos centros escolares no certame, a organización dos Premios Fouciño xa comezou a dar obradoiros de cinema en centros de ensino da Costa da Morte. O primeiro celebrouse o pasado 12 de marzo no CPI As Revoltas de Cabana de Bergantiños e axiña virán outros en centros de Malpica, Ponteceso, Carballo e Vimianzo.

Os centros interesados nestas charlas poden contactar con nós no enderezo electrónico premiosfoucino@gmail.com.

Novas dos Fouciño