Os Fouciños asaltan as aulas


Non se apuren. Non estamos nau Lusiana galaica, e non hai ningún rapaz que perdeu a cabeza e se puxo a cortar cabezas co fouciño. Aínda que podería ser un bo argumento para unha desas curtas que se presentarán aos Premios Fouciño de Baio 2018. A organización destes singulares premios están achegándose aos centros de ensino para animar á mocidade a presentar os seus traballos.
É a categoría dos centros educativos unha das propostas estrelas do certame, e conta cunha categoría especial e un premio de 300€, ademais dun agasallo conmemorativo. Pero o máis importante é o feito de fomentar a experiencia da creación audiovisual entre os mozos e mozas galegas, ademais en galego.
Ao longo da semana, os responsables dos Fouciño achegáronse ao IES Ramón Caamaño é a Facultade de Comunicación Audiovisual da Universidade de Santiago de Compostela. En Muxía, Víctor Mira encargouse de presentarlle aos rapaces de 4º-5º ESO os premios, e ata tivo tempo para practicar algunha técnica como o stopmotion. Os estudantes, a meirande parte, mozas, amosaron un gran interese.
En Compostela, os xornalistas implicados Mabel Montes (o tempo da TVG) e Xurxo Salgado (Galicia Confidencial), acompañaron ao membro da organización Ismael Miñones, para levar os premios aos estudantes de Comunicación Audiovisual da USC. Tiveron ocasión de ver un fragmento da longa “Fouciño sanghento”, e de coñecer varias obras gañadoras dos certames pasados.

Máis visitas
Se queres recibir a visita no teu centro dos Fouciño, só tes que poñerte en contacto en premiosfoucin@gmail.com e estarán encantados de pasar por alí.
Novas relacionadas
- Fouciño 18: Os Fouciño volverán situar a Baio no centro do audiovisual galego.
- Interplay 18: O V Carballo Interplay recibe 256 webseries de todo o mundo.
- Fouciño 17: Curtas e moito máis nos Premios Fouciño de Baio:
- 06-07-17: Lucía Regueiro: “O sábado estarei por Baio para gozar coas curtamentraxes que participan nos Premios Fouciño”
- 25-06-17: “Cos Premios Fouciño queremos premiar a creatividade audiovisual da veciñanza”
- 20-06-17: Unha nova falsa sobre o descubrimento dunha anticitera serve de base para unha curta dos Premios Fouciño
- Fouciño 2016: Os Premios Fouciño convertiron a Baio na capital audiovisual da Costa da Morte
- Un fouciño audiovisual para loitar contra o illamento cultural da Costa da Morte:
- Curtas, charlas e un concerto protagonizan os Premios Fouciño de Baio.
- Os Premios Fouciño, os irmáns pequenos do Carballo Interplay
- Adro crea os ‘Premios Fouciño do audiovisual’.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).