O Apalpador abre o Inverno Ancestral de Senda Anova
Arrincou a 10ª edición do programa Inverno Ancestral de Senda Nova. Fíxoo cunha visita do Apalpador, e das criaturas Espías do bosque a varios centros de ensino da comarca
Unha das citas máis singulares será o recibimento ao Apalpador que se celebrará un ano máis dende a aldea de Carreira, no concello de Zas, coa colaboración do propio Concello de Zas e a Asociación de Veciños O Santiaguíño de Carreira. A actividade celebrarase o vindeiro sábado 27 de decembro a partires das 17h e incluirá unha serie de propostas para os máis pequenos que, ademais do recibimento ao carboeiro do Courel, poderán participar en obradoiros relacionados co coñecemento da natureza.
Ademais, contarán coa participación do Grupo de gaitas Churía, visitas guiadas para coñecer a historia e etnografía da aldea ou a visita guiada ao Museo do Liño de Carreira. Todo isto será antes dunha noite na que se agarda a chegada do Apalpador e a súa comitiva, que virá dende os montes de Pico de Meda