sábado. 08.08.2026
El tiempo

Multitudinaria noite de folk e electrónica de vangarda par arrincar a 41ª Festa da Carballeira de Zas

O publico da Carballeira de Zas
O publico da Carballeira de Zas
Multitudinaria noite de folk e electrónica de vangarda par arrincar a 41ª Festa da Carballeira de Zas

A 41ª edición da Festa da Carballeira de Zas deu comezo este venres cunha masiva acollida de público no seu marabillo espazo natural da Carballeira de Velar, reafirmándose un ano máis como a gran cita do folk e da música de raíz en Galicia.

Antes do inicio dos concertos, o público puido gozar da volta de Lupe Blanco á Carballeira, que regresou para presentar esta edición do festival e puxo a todos os asistentes a ruxir co tradicional berro de "Eeeeeeeiiii Carballeira!".

A programación arrancou pasadas as 22:30 horas coa proposta dos burgaleses El Nido, que abriron a noite coa súa orixinal revisión do folclore ibérico, combinando os sons tradicionais de Castela e León con matices pop e un marcado carácter festivo. O grupo animouse ademais a tocar un tema xunto ao público, poñendo a cantar e bailar a toda a Carballeira.

El Nido na Festa da Carballeira de Zas
El Nido na Festa da Carballeira de Zas
Antia Muino con Baiuca na Carballeira de Zas
Antía Muíño cantando con Baiuca, por primeira vez na Carballeira de Zas

Un dos momentos máis agardados da xornada chegou coa entrada en escena de Baiuca. O proxecto galego volveu demostrar a súa forza en directo cun espectáculo potente e visual onde a electrónica de vangarda e a tradición musical puxeron a bailar a todo o recinto. Volveu contar coa baiesa/compostelá Antía Muíño como voz destacada, que sacou os meirandes aplausos da noite.

A recta final no escenario principal correu a cargo do músico bretón David Pasquet, quen mantivo o ritmo da Carballeira de madrugada cunha enérxica proposta que uniu o son característico da bombarda cos ritmos electro.

Hoxe sábado: o día grande da Carballeira de Zas

Tras esta primeira xornada de éxito, A Carballeira de Zas vive hoxe o seu día principal. Desde o mediodía e ata ben entrada a madrugada, o recinto acolle máis de doce horas de programación con espectáculos familiares, música tradicional, foliada e os grandes concertos da noite.

 

 

Comentarios