Tucho leva a exposición Entrecores a Zas
21 de agosto de 2023 (09:36 h.)
O éxito da exposición trala súa estrea no Espiral Maior Foro de Carballo fixo que sexan moito concellos e espazos os que queren contar con ela. A exposición Entrecores do artista carballés Tucho ten novo destino. Co gallo da Semana Cultural da Carballeira de Zas, o Concello de Zas quixo acoller a expo no Centro Sociocultural de Zas. Aínda está estar aberta ao público, ata que remate o mes de agosto (de luns a venres 10:00-14:00).
Tucho ademais, como actividade paralela, o sábado 12 día da foliada estivo pintando en directo na Carballeira.
Novas relacionadas
- 2023: Tucho: “Carballo é o lugar onde me criei. É o lugar onde nace a miña mirada a Galicia e é o lugar onde se enmarca esta exposición”.
- 2021: Tucho estréase na casa,