Domingo. 03.11.2024
El tiempo

Tucho: “Carballo é o lugar onde me criei. É o lugar onde nace a miña mirada a Galicia e é o lugar onde se enmarca esta exposición”

Tucho estrea en Espiral Maior Foro de Carballo
Tucho: “Carballo é o lugar onde me criei. É o lugar onde nace a miña mirada a Galicia e é o lugar onde se enmarca esta exposición”

Segue a Galería de Arte de Espiral Maior Foro convertínose nun dos grandes epicentros culturais da Costa da Morte. O espazo de Miguel Anxo Fernán Vello vivíu unha nova e intensa fin de semana. Acollía a presentación da última novela de Fina Casalderrey, “A muller xabaril”. A candidata oficial polo Estado español ao Premio Hans Christian Andersen 2024, considerado mundialmente como o Premio Nobel da Literatura Infantil, participou nun acto moi emotivo acompañada pola mestra Lucinda Andrade, e coa música de Miguel Anxo Calvo.

Publico de Tucho no Espiral Maior Foro

Máis emotiva aínda foi a estrea da nova exposición do artista carballés Tucho Caamaño (@eutucho). Arredor de 130 persoas asistiron ao acto de presentación participando no sorteo dunha peza de azulexo do autor.

Especial ilusión faille a Tucho estrear na casa. “Carballo é o lugar onde me criei. É o lugar onde nace a miña mirada a Galicia e é o lugar onde se enmarca esta exposición”. “Meu traballo fala de recordos de nostalxia, de Galicia e da súa intrahistoria; intento crear un relato plástico que as conxuge a través da cor. Traballo por poñer en valor aquelo que me importa.”

O evento, cheo de ánimo celebrativo e confraternidade, viuse "iluminado" pola actuación extraordinaria do dúo musical Quercus Blues, con Huguette Periscal (Areta Knowles) e Andrés Rey. Ademais, deron o seu punto de vista o gran pintor Xulio García Rivas e a publicista Laura Méndez, presidenta do Casino de Carballo, que refrendaron ao novo artista (apenas ten 24 anos este licenciado en Belas Artes pola Universidade de Salamanca, ademais de ter estudado artes plásticas en Porto Rico, e foi alumno de Manuel Facal), como “un pintor de plenitude no presente e, sobre todo, cun inmenso futuro como artista plástico”.

Queda así no na Rúa do Sol, 34, baixo, ata San Xoán, esta mostra pictórica "Entrecores" con 25 óleos en diferentes formatos para embelecer este espazo cultural cheo de vida.

NOVAS DE ESPIRAL MAIOR

Comentarios