Xoves. 22.04.2021
El tiempo

Carballo

O artista carballés "Tucho" estréase na casa

Con tan só 22 anos, Antón Díaz Sánchez, “Tucho”, vén de inaugurar a súa primeira exposición en solitario na súa propia casa. O Pazo da Cultura de Carballo acollía a estrea de “Nosa Terra”, unha viaxe á súa infancia en Vilela, con varias obras que homenaxean a Seoane e a Castelao.

A expo, aberta de luns a venres, de 18.30 a 21.00 horas, ata o 11 de abril, tamén ten un claro componente “pandémico” pois foi concebida durante o 2020.

O artista carballés "Tucho" estréase na casa