venres. 23.05.2025
El tiempo

Evento

IV certame pintura Fernando Álvarez de Sotomayor

22/xul./2016 a 24/xul./2016
20:00 h a 00:00 h
IV certame pintura Fernando Álvarez de Sotomayor
pintura Ponteceso prepárase para vivir os vindeiros 22, 23 e 24 de xullo unha cita do máis internacional: o IV certame internacional de pintura ao aire libre, “Fernando Álvarez de Sotomayor”. A organización, que corre da man da Fundación Eduardo Pondal, ten organizado un intenso programa de actividades que comezará o venres, 22 de xullo, ás 21 horas no pazo de Sotomayor – en Xornes – cun concerto de San Simón Fiddle. A programación continuará o sábado, día 23, na praza do Recheo de Ponteceso cun certame infantil de pintura cordinado por Eloi Mancebo. Continuará coa subasta das obras pintadas a beneficio da asociación e a partir das 20 hroas haberá unh concerto musical infantil. A animación musical volverá o domingo da man de Os Farrapos, Os Panchos de Jolfendro e Os Campantes. O grupo Inllar ofrecerá a partir das 12:30 horas unha actuación de baile tradicional e logo comezará a “Paleta de Sabores” cun roteiro de pinchos polos distintos bares de Ponteceso. Tamén haberá sesión vermú, entrega de premios, exposición e subasta e o fin de festa chegará cun solpor gastronómico-musical na terraza de A Eira.
Comentarios