sábado. 21.03.2026
El tiempo

O I Concurso de Poesía Escolar da Fundación López Abente xa ten gañador@s

RAG-LOPEZ-ABENTE-retrato de Quintás Goyanes copia
Retrato de Quintás Goyanes de Gonzalo López Abente
O I Concurso de Poesía Escolar da Fundación López Abente xa ten gañador@s

A Fundación Gonzalo López Abente dá a coñecer os premios do  “I Concurso de Poesía Escolar Gonzalo López Abente”, galardóns que teñen por obxectivo fomentar a creatividade literaria entre o alumnado de Educación Primaria e Secundaria, e ao mesmo tempo, difundir entre a  xente nova a figura do poeta muxián Gonzalo López Abente. Unha convocatoria dirixida ao alumnado dos centros educativos da Costa da Morte.

Os premiados recibirán como galardón  libros e material escolar. Os gañadores ou gañadoras do primeiro premio por un valor  de 100 € e os do segundo premio por valor de  50€. A entrega destes premios será o 11 de abril na Biblioteca Municipal de Muxía.

Relación dos premiados

Categoría A: de 1º a 3º de E. Primaria

  • 1º premio, "Xoguemos" de María C. Guacarán de Oliveira. (1º EP, Manuela Rial de Cee)
  • 2º premio, "Tres" de Dylan Senra Montero. (2º EP, CEIP de Vilarmide)

Categoría B: de 4º a 6º de E. Primaria

  • 1º premio, "A miña avoa" de Carla Pérez Pena. (6º EP, CEIP Os Muíños)
  • 2º premio, "A miña millor amizade" de Amaya Moreno (4º EP, Manuela Rial de Cee)

Categoría C: 1º e 2º da ESO

  • 1º premio, "Billete só de ida ás estrelas" de Kira Castro Trillo (3º ESO, Manuela Rial de Cee)
  • 2º premio, "Chove" de Rosario Abelleira Paz (3º ESO, Manuela Rial de Cee).

Máis novas

Comisión Executiva da Fundación G. López Abente

Comentarios