Alén dos nosos mares atlánticos

Alén dos nosos mares atlánticos, un práctico belga, permite a un petroleiro monocasco, sen o sistema anti-colisión, zarpar rumbo a Galicia e… pouco tempo despois… alguén da un aviso urxente pola emisora: – “Troncos a deriva!!”.


Era previsible. O desastre chegou naquela marea viva, cando os inútiles que gobernan agora, decidiron tomar o control da desgracia, rumbo a tempestade, de onde parten todas as correntes mariñas… e ali, no fondo do fondo do mar, alí xace aquel barco maldito que matou de tristura ó máximo embaixador do arte na nosa Costa, Man, o alemán de Camelle, o xenio insuperable… afouto amante do mar e das mareas, un tolo en taparrabos… poida que os tolos sexamos nós, tamén pode ser. E hoxe, que xa os temporais da nosa rouca e brava tempestade infinita destrozou aquel imperio de rolos, agora, precisamente agora… agora que xa descansaba en paz a víctima máis sonora daquela desidia suprema, agora… queren homenaxear a Manfred Mann.

El, el foi quen nos quixo homenaxear a tod@s nós, a toda esta “costa morta” co seu impresionante prisma especial que debuxaba castelos de arte imposible coa súa ollada de arquitecto e pensador, despoxado deste mundo que fire, coa súa face tallada polo noso atlántico espido e virxen, el, el foi o que nos homenaxeou a tod@s nós.

Que ninguén levante estatuas en Camelle… porque a maior figura será, xa por sempre, aquel ancián que deixaron morrer de asma e de frio, no inverno dun ano maldito, que nunca máis debemos esquencer.

Ata sempre amigo!

  • Óscar de Souto, pintor de follas en branco e autor de Trece Poemas.

Outros artigos de Óscar de Souto

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).