O Dolmen de Dombate e o raio vermello do Solsticio de inverno
- ¡Oh Shamash, único ti que disipas as tebras! E fas arder o mediodía e fas granar os prados. Fielmente segues a túa marcha a traves dos ceos e cada día vistes a extendida terra.
- Himno ó Deus Sol. Babilonia, siglo VII a.C.
O 21 de decembro é o día no que o polo sur (S) está máis inclinado con respecto do Sol; a mediodía os raios solares chegan, verticais o trópico de Capricornio e horizontais o Círculo Artico; ademáis, todo o casquete polar limitado polo Círculo Antártico da cara o Sol as 24 horas do día e o casquete polar do norte non o ve en ningún momento. É, polo tanto, o día clave para os antergos moradores da nosa Terra naquel dolmen de Borneiro que casualmente ten a porta da entrada cara onde nace o sol no día do raio vermello, 21 de decembro, no solsticio de inverno, onde todo se reflexa en tonos rosáceos e máxicos, … e onde renace o mundo dos apagados días que merman para ampliarse a luz ….. dadora de vida. O solsticio de inverno é o instante no que a posición do Sol no ceo atópase na maior distancia angular negativa do ecuador celeste.
Na entrada principal do Dolmen unhas figuriñas extrañas parecen querer amosarnos o segredo increible daquel ritual sorprendente, pousadas a carón como pequenos centinelas do sarcófago vacio. Os gardiáns da tumba máxica cobran vida tamén, coma nun teatro de luces e sombras, onde aquelas pequenas pedras, totems miúdos, rolos de río, enigmáticos e con formas antropomorfas, reciben os raios particularmente deitados nese solsticio cunha perpendicularidade extrema suficiente como pra ampliar a súas minúsculas proporcións naquel amencer inolvidable da hora H e do día D no 21 de tódolos decembros.
A orixen do “Teatro das Sombras” remóntase ós tempos do home prehistórico, cando éste facía sombras coas suas mans e co seu corpo frente o fogo das cavernas.
Xa no século IV a.C. o Mito da Caverna de Platón preséntansenos as sombras como indicadores da realidad que non son elas, pero que supoñen o continuo recordo e referencia desa realidade do ser. A sombra, a cabalo entre o real e o ficticio, entre o ser e o non ser, a medio camiño entre o máxico e o relixioso, supoñen a imagen máis palpable do mundo do abstracto, do mundo das ideas, de aquilo que trascende do que os nosos sentidos poden percibir.
Polo tanto todo apunta que os gardiáns da entrada do Dolmen de Dombate son parte dun rito máxico e relixioso ancestral onde o “chamán” coas súas invocacións o Deus principal (Shamash) daba vida espiritual a ialma do falecido que permanecia cuberto con peles no interior do Dolmen nun requiem de un ano de duración e naquel solsticio invernal máxico as figuras antromorfas dos sete rolos da entrada do monumento funerario, pola inclinación tan especial do sol, no amencer do 21 de decembro, facía posible que a sombra emitida fose especialmente roxiza, enorme i máxica. Asi o ritual concluía co día da resurreción do espiritu e co pasamento da ialma do “endexamáis morto”. E todo perfectamente calculado e organizado con antelación previa para que os ceos alaranxados e vermellos creasen o mellor de tódolos amenceres do ano. Ritual, teatro, luces, sombras, vida e morte nun mundo especialmente máxico e con todo ainda por facer…… expectacular !!!!
- Óscar de Souto, pintor de follas en branco e autor de Trece Poemas.
Outros artigos de Óscar de Souto
Novas relacionadas
- Nova poesía para as ondas de radiONeria e Radio Roncudo con Óscar de Souto.
- Cabaneses que espallan cultura.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).