Os timadores da bombona
Esta primaveira de 2015 ven plagada, plagadísima, de todo tipo de timadores e “artistas de guante blanco” que revisan o gas, remexen na factura la luz, trócanche a compañía de teléfono, ou lian a calquera nun “vira-vira” con toda clase de estraxias de raposo cando, en realidade, só pretenden esa ración de cartos en efectivo que gardan na casa, os nosos anciáns, para abonar este tipo de incidencias extraordinarias.
O modus operandi é moi sinxelo, primeiro fan unha oportuna chamada a un teléfono fixo, con calquera disculpa absurda, só para comprobar se hai xente moza pola casa, e, acto seguido, aparecen pola porta e, a boa fé dos nosos maiores, fai posible que máis de trinta empresas fraudulentas e outros tantos timadores profesionais, uns máis que outros, operen (hoxe en día) polas nosas comarcas (Bergantiños e Soneira)… e fano, principalmente en casas humildes de aldea usando toda clase de artimañas e desculpas… por exemplo: un cargador de pilas dos chinos (que vale só tres euros) e véndencho só polos gastos de envio (quince euros, vinte euros) argumentando que é un trebello aforrador de electricidade estupendo. Todo o mundo se rie deste asunto pero, non son poucos os que ainda o teñen enchufado na casa… (por se acaso). As autoridades están moi ocupadas resolvendo cuestións moito máis graves, por isto motivo, non teñen tempo dabondo para perseguir a estes asaltadores de camiños que fan das súas con total impunidade. Lamento moito, eso si, que non teñan a fermosa afición de sachar na leira, ir o xornal no tempo da sementeira ou claquera outro deporte dos que practicamos por aqui, pero, lamentablemente estes raterillos de pouca monta prefiren atacar ó animal débil e fano a plena luz do día… sen medo a ninguén… ni a nada. Se estes asaltos premeditados fosen a vivendas de alto standing, moi posiblemente, estarían xa en prisión preventiva a espera dun xuizo, que con total seguridade, os levaría directos o único lugar onde comen e beben sen ter que traballar.
- Óscar de Souto, pintor de follas en branco e autor de Trece Poemas.
Outros artigos de Óscar de Souto
- Porcos e pienso.
- Alén dos nosos mares atlánticos.
- Con rumbo a porto esperanza.
- Crónica dunha morte anunciada.
- De vacacións a Suiza.
- Os laboratorios do verso.
- As nosas Rosalías.
- Esa amante secreta de Eduardo Pondal.
- O Dolmen de Dombate e o raio vermello do Solsticio de inverno.
- A envexa dos anxos e das prumas.
- Antón Borrazás, apagouse a túa luz.
- A cousa de Dombate… a debate.
Novas relacionadas
- Nova poesía para as ondas de radiONeria e Radio Roncudo con Óscar de Souto.
- Cabaneses que espallan cultura.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).