Sen corpo para festas
A Basílica de San Pedro, o Santo Cristo do Brazil, o santuario de Muxía, e agora tamén cae un raio no cuceiro máis enxebre da famosa fin do camiño. O Xefe anda anoxado, con alguén, eso está claro, e ademáis onde pon o ollo, pon o raio.
Porque xa remata o mes de abril e comeza xa a temporada salmonera nestes ríos sen salmóns mentres se abre a veda aos contratadores indiscriminados de orquestas i eventos varios, colleitas de toda clase, e xénero, e número, pero a hora de ir pra leira ninguén se achega ó sacho… nooo… o sacho?… Queima !!!
Non queda outra que refuxiarse na “literapia”, alleo a esta incultura que algúns alimentan e, seguirán alimentando, mentres eu, cun libro na man, e co televisor apagado, escribo estas liñas en bata e zapatillas como para contarvos algo de andar pola casa. E lembro aqueles batallóns literarios, hoxe dispersos, e ós mozos e mozas que andan pola emigración, e lembro, aquel pobo ergueito e vivo… e alegre, que un día ollei, bailando na madrugada, e hoxe, a desnutrición de moitos conveciños é un feito, o paro reinando este reino sen rei, a emigración tocando xa o teito, co agravante da xente que retorna, que esa é outra, e a censura nos xornais intentando non contar as cousas de valer… e ante todo isto… a un… “xa non lle queda corpo pra festas”.
- Óscar de Souto, pintor de follas en branco e autor de Trece Poemas.
Outros artigos de Óscar de Souto
- Os timadores da bombona.
- Porcos e pienso.
- Alén dos nosos mares atlánticos.
- Con rumbo a porto esperanza.
- Crónica dunha morte anunciada.
- De vacacións a Suiza.
- Os laboratorios do verso.
- As nosas Rosalías.
- Esa amante secreta de Eduardo Pondal.
- O Dolmen de Dombate e o raio vermello do Solsticio de inverno.
- A envexa dos anxos e das prumas.
- Antón Borrazás, apagouse a túa luz.
- A cousa de Dombate… a debate.
Novas relacionadas
- Nova poesía para as ondas de radiONeria e Radio Roncudo con Óscar de Souto.
- Cabaneses que espallan cultura.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).