Xan das Crebas (VIII)
Pasou unhas casas de pedra que estaban a beira do río, e seguíu camiñando, alonxándose daquel lugar. Chegou a unha aldea cercana e botouse a durmir ao refuxio dun muro de pedra a carón do camiño. Aínda non saíra a raxor e xa se erguera. Foi lavarse a unha fonte cercana e púxose a camiñar buscando o seguinte pobo. Ao chegar á entrada sorprendéuse ao ver nalgunhas portas a mulleres laboreando cuns paos cheos de fíos, os cales, facían xirar formando uns bonitos debuxos. Achegouse a unha vellina que estaba entretida ca súa labor cantando a seguinte cantiga popular:
Palilleira que palillas
no cordón da almofada,
dime tí, palilleiriña,
a quen tés palabra dada.
O amor da palilleira
non o queiras meo irmán,
porque leva todo o día
sempre sentada no chan.
Eu nacín en Camariñas,
unha vila mariñeira,
onde teño os meus amores
cunha nena palilleira.
E preguntoulle:
- "¡Bos dias teña vostede señora!, ¿podería dicirme que é iso que está a facer?".
- Encaixe señor!, estou a facer encaixe de bolillos. Pero entón vostede non o vira nunca?", contestoulle ela;
- "Pois non!, a verdade e que non" - exclamou Xan;
- "Pois mire", díxolle a muller, "esto vén de vello cando aquí na vila vivía un mozo que estaba prendido dunha moza moi juapa, pero.. ¿que quere?, os probiños non tiñan nin peso pra casarse e o mociño pasaba os días que non ía o pescar, aló nas pedras mirando pra o mar. Un día, saíulle unha serea que lle dixo que estaba namorado del, e quixo que fora con ela, ¿pero como ía marchar o meo probiño, si de quen estaba namorado era da moza do pobo?, o probe mozo, cóntalle o conto polo cal non pode ir con ela, decíndolle ademáis o motivo polo que non podían casarse. E vai nesto... meo filliño, ela sacou unha caracola tan bonitíña..., era bonita, era..., estábache feita de estrelas, escuma e aljas. O mozo, ao chejar a xunta da moza, regaloulla, e contoulle o conto. Ela mirou ben pra caracola, e púxose a escoitala o cal inspirouna a facer encaixe, e cada vez que a oía, viñalle a cabeza un novo deseño. E así, facendo encaixe e vendendo, foí a maneira de se casaren despois".
- "Moi bo conto!", díxolle Xan, pero a vella algo enoxada repóstalle:
- "Oíu?... non che é un conto, que é verdade".
- "Xa, xa! señora, digo que é moi bonita a lenda, mire.... é moi dificil aprender a facer iso?", preguntou Xan;
- "Meu filliño, haiche que ir á escola... non é moi doado, non", repostou a muller;
- "Escola?", díxolle Xan;
- "Sí meu filliño, as escolas esas chamámoslles "palilladas". Haiche varias no pobo, a de Carmen, a de Manuela..., bueno, varias, e fanse na "sala" da casa que é a habitación máis grande, botándose as veteranas nun lado e as mais novas enfrente, e se é de noite encenden o carburo no medio. Tamén as mozas novas ghústalle vir, porque así falan cos seus mozos. Eles póñense na ventana e cantan coplas que lles respostan elas, pero tamen teñen que facer as puntillas que marca a xefa , que si non.... ¡ai leña!, e as fillas botánse ao lado das nais, así, estas poden correxílas no seo aprendizaxe, e..... así é señor", dixo a vella.
- "Bueno, moitas grazas señora, e deíxoa en paz que se non hoxe non fai nada pola miña culpa", repostou Xan;
- De nada meu filliño, de nada, ¡ala veña!", contestoulle a vella.
Con esto Xan botou o saco ao lombo e proseguíu cara o centro do pobo entrando nun bar para tomar unha copa, sentarse un pouco e picar calquera cousa que tivera, antes de proseguir na ardua procura de crebas.... (continuará).
- Xusto Gómez (xustofisterra.blogspot.com).
A Cara máis íntima do naufraxio
Máis información
- Blog de Xusto Fisterra: Xusto Fisterra.
- Blog de Manuel M. Caamaño: Homes de Pedra en barcos de pau.
Novas relacionadas
- Homenaxe ao Serpent 2010: Unha ollada dende dentro á homenaxe polo 120 aniversario do Serpent .
- Unha polo Almirante Mourelle da Rúa.
- Unha reportaxe en vídeo sobre o Naufraxio Serpent.
- O recuncho da Costa: O Cemiterio dos Ingleses.
- Laxe celebrou o seu tradicional simulacro de naufraxio.
- Unha conversa repasando a historia dos Naufraxios da Costa da Morte dende Corme.
- Os Naufraxios da Costa da Morte protagonistas dunha documental de Cuarto Milenio.
- Descubrindo os tesouros que agocha o mar.
- Os 500 naufraxios da Costa da Morte.
- Homenaxe ao Bonito: “O sal, o sangue de Fisterra”.
Artigos relacionados
- Unha reportaxe en vídeo sobre o Naufraxio Serpent.
- Unhas pequenas notas sobre o Serpent e a Costa da Morte con Juan Campos.
- A Costa da Morte non existe, por Juan Campos.
- Juan Campos: "El hombre que enseñó a navegar al regatista Pedro Campos".
- Naufraxio do Liverpool: Retrato dun capitán suicida, por Juan Campos.
- Juan Campos: "El hombre que enseñó a navegar al regatista Pedro Campos".