Xan das Crebas (XI)
... Esa dor no peito matábao. Aínda era cedo pra facer esforzos, mais el, sentía berrar n´outro lado da casa. Foi achegándose cara onde procedían os sons, e, viu a nai berrándolle a un dos pequenos. Xan, preguntóulle cal era o motivo de tal discusión, e contéstoulle que o neno xa había dias que non comía, que estaba debil... Entón Xan, díxolle:
- "Agardade aí que vou e volto agora", e dirixíndose cara a porta marchou...
Unha hora e pico despois alá chegou, na man traía algo e... pousouno no chan e collíu unhas espadanas secas que vira debaixo do cabazo. Prendeulles lume, e o vello que estaba fora díxolle:
- "Xan! agarda un intre que che poño unha man, xa sei que vas facer... eu... xa llo dixen pero ela nin caso". Xan e máis o vello mentres fumeaban aquelas espadanas, foron buscar ao rapaz, o cal pasaron varias veces polo fume... ¡estaban a facer o rito do meigallo!.
Airiños ,airiños aires...
airiños de maldición,
entran, sin cos chames,
rasgando o corazón.
Malas serpes de envexa
non paran de nos danar,
se fosen pra unha rexa
xa sería outro cantar.
Nesta vida van levar
unha pouca de mistura,
do que están a sembrar,
que sóo trae amargura.
- Poema de Pacola González Campelo.
- "Xan" - díxolle o vello - "Vostede tiña xa preparadas as espadanas, ¿pasa moito isto por eiquí?";
- "Non moito" - contestoulle o vello - "pero eu sempre o día do Sacramento recollo un feixe de espadanas despois de pasar o Santísimo, e bótoas a secar por si acaso fan falla, e, desta vez, fíxoo".
Xan asentou coa cabeza e seguiu conversando con el:
- "Eu aprendino da miña avoa que cando era máis nova facía destas cousas".
- "Pois eu" - dixo o vello- "son o primoxénito de cinco irmáns e entre outras cousas tocoume o aprender isto, emais tamén me tocou a "capa dos enterros" como lle chamo eu, que a usamos cando morre alguen é, ademais temos que asistir os velorios cunha vela, a cal depositámola nunha táboa que ten os furados pra pór estas, e os homes temos que levar unha capa negra, eu non tiven que mercala xa que o ser o primoxénito correspóndeme a do meo pai, e antes de sair o enterro do finado facemos fóra unha lumerada con carozos, e cada un de nós, os homes, polo turno que nos toque, saltámola e, no intre de saltar, abaneamos a capa pra escorrentar os malos fados. E... algún espabilado non abanea ben e despois pasan estas cousas. Despois de saltar todos os homes, saímos cara o camposanto e tras nosa veñen as choronas, ademais cando remata o enterro, temos unha enchenta na casa do finado, que... ás veces, rematan algúns cantando".
Xan, despois de isto, deulle as grazas tanto a el como a sua filla, e díxolle que tiña que seguir a sua andaina, que quería saír de día. Collíu as súas pertenzas e botounas o lombo. Collíu un camiño que daba ao faro polo cal xa fora cando lle ocurreu a desgraza e... pasou por unha torre grande que estaba nuha cima do monte. Seguío camiñando por un paraxe inóspito, ata atopar unha pequena aldea. O primeiro que lle pasou pola cabeza e que, o debíu camiñar moito, ou... algo pasaba, xa que, case a maioría dos que aló vivían, ¡eran loiros, e... tiñan a pel branca!.
Igualiño a un monte que vira por aló, preguntou a un dos veciños e díxolle que non sabía.... que xa llo tiñan dito, o seu antepasado sería algún dos que se salvaran en algún dos moitos naufraxios que por esa zona había. Despois desta conversa Xan encarou cara o lado do mar e.... (continuará)
- Xusto Gómez (xustofisterra.blogspot.com).
A Cara máis íntima do naufraxio
Máis información
- Blog de Xusto Fisterra: Xusto Fisterra.
- Blog de Manuel M. Caamaño: Homes de Pedra en barcos de pau.
Novas relacionadas
- Homenaxe ao Serpent 2010: Unha ollada dende dentro á homenaxe polo 120 aniversario do Serpent .
- Unha polo Almirante Mourelle da Rúa.
- Unha reportaxe en vídeo sobre o Naufraxio Serpent.
- O recuncho da Costa: O Cemiterio dos Ingleses.
- Laxe celebrou o seu tradicional simulacro de naufraxio.
- Unha conversa repasando a historia dos Naufraxios da Costa da Morte dende Corme.
- Os Naufraxios da Costa da Morte protagonistas dunha documental de Cuarto Milenio.
- Descubrindo os tesouros que agocha o mar.
- Os 500 naufraxios da Costa da Morte.
- Homenaxe ao Bonito: “O sal, o sangue de Fisterra”.
Artigos relacionados
- Unha reportaxe en vídeo sobre o Naufraxio Serpent.
- Unhas pequenas notas sobre o Serpent e a Costa da Morte con Juan Campos.
- A Costa da Morte non existe, por Juan Campos.
- Juan Campos: "El hombre que enseñó a navegar al regatista Pedro Campos".
- Naufraxio do Liverpool: Retrato dun capitán suicida, por Juan Campos.
- Juan Campos: "El hombre que enseñó a navegar al regatista Pedro Campos".