Ata pronto

Por eso dixen hasta pronto… 

Felices festas a tod@s! Só me paso por aquí para recordarvos que nada é eterno. Que todo ten principio e fin. Que o mellor estas son as últimas navidades de alguén que está cerca túa, as túas, e as primeiras de muitos outros. 

Non te olvides diso. Nunca sabes cando vai ser a última vez xuntos, o último bico, o último abrazo, o último quéroche. Así que pese a estarme comunicando con vós por medio das rrss, esta navidad, e xa que estamos, este 2026 estade menos pendiente das mensaxes, das felicitacións navideñas por teléfono e escuitade ao que tendes en fronte, rídevos da vida que vivístedes xuntos, contádevos anécdotas, disfrutade da compañía, da familia, dos amigos, disfrutade de vós mesmos. E non teñades esa necesidade de compartir enseñar e publicar todo para que os demais o vexan. Simplemente aproveitade o último alento de cada persona, cada suspiro desa alma, recordade aos que xa non están e cuidádevos e querédevos. 

Nunca sabes cando vai ser a última vez de algo. Así que vive cada momento como si fose o último porque, igual o é. 

E si estás só ou soa nestas festas non te sintas triste, a soidade tamén ten o seu encanto, e estou segura de que o vas a saber encontrar, e senón sigue activo o correo electrónico que vos din, por si algún día, alguén necesita falar cunha desconocida. 

Non desperdicies o tempo nunha pantalla, sal aí fora, e disfruta, e vive. Que hoxe só hai un. E mañá…. Mañá está mui lonxe como para pensar nel. 

Felices festas e próspero 2026! Que os vosos deseos se cumplan pero non seades inxenuos, tendes que poñer da vosa parte sinon non funciona. 

Corre, deixa o móvil e dalle un abrazo a cada persona que teñas diante, porque si, sin motivo ou con todos os motivos. 

Por que non?

 

  • Laura Pola. Natural de Panchés, son unha persoa sinxela por fóra e complicada por dentro, con moito dano vivido e moito amor por recibir. Só quero vivir sin ser xulgada, nunha sociedade onde se priorice o amor e a saúde.

Outros artigos de Laura Pola