mércores. 10.09.2025
El tiempo
Laura Pola
09:58
09/09/25

Vive como se fora o último día

Vive como se fora o último día

Levo desde que empecei a traballar facéndoo case sempre de cara o público, con familias nas escolas infantçis e campamentos, con ebrios e non tan ebrios nas barras dos bares, e agora nun supermercado con todo tipo de personas. E cando digo todo tipo, é todo tipo. Cada persoa ca súa forma de ser, ca súa experiencia de vida, cas súas preocupacións e problemas, cos seus días bos e outros non tan bos, co axetreo da vida… cada cual coa súa mochila. Pero claro, esquecemos de algo: eu, que estou ao outro lado, tamén teño a miña mochila. 

Esa mochila déixoa dentro do coche tan pronto aparco diante do posto de traballo, conto ata dez, respiro fondo e salgo do coche co meu mellor sorriso para ofrecercho a ti, si, a ti, que vas a cruzar dúas palabras comigo pero se podo facer que saias cun sorriso na cara conseguireino, e si podo facerche un pouquiño máis ameno o día cunha pequena conversación, fareino. 

Vexo de todo. Nenos felices por un coche que lle acaban de comprar e que me saúdan cada vez que me ven; coñezo xente doutras partes de España e de Europa ou do mundo que veñen de vacacións e quedan super agradecidos polo trato que lle damos os galegos; vexo xente de idade adulta que veñen en parella facer a compra, adolescentes en plena pubertade explosiva; vexo traballadores que chegan cansados do día de traballo buscando algo que beber e que comer rápido para volver á carga e tamén vexo personas maiores, que veñen a duras penas soiños a facer a compra e charlar un pouquiño. 

De todo isto, hai dúas cousas que me molestan muito. Unha, a falta de empatía que ten o ser humano. E outra, a falta de consideración e de educación que se está pasando ás seguintes xeracións. E para que me entendades vouvos a poñer tres simples exemplos que vivín. 

Estas semanas están vindo militares de distintas partes de España a axudar aos efectivos de aquí a controlar e apagar o lume que prenden nos nosos montes, na nosa terra. Cada quince días ven unha cuadrilla nova, que fan turnos de máis de 12 horas. A cada un deles que me crucei, agradecínlle o traballo que fan por nós, pola nosa xente, polo noso entorno e polo noso país. E sabedes a resposta? "Muitas gracias, eres a única que nos recoñece o noso traballo e non sabes o ben que senta". 

De verdade tanto nos costa? E dirédesme, é o seu traballo. Si, claro que é. Tamén o do médico intentar salvarlle a vida ao teu familiar pero si o consigue faslle ata unha reverencia. Temos que ir todos con batas blancas para que se recoñeza o noso traballo? De verdade estamos sendo tan básicos? 

Outra cousa que me pasa muito é cas personas maiores. A maioría delas viven soas, porque os fillos traballan fóra ou directamente non se ocupan deles, morriulle a parella e mil desgracias máis. Esas persoas, ás que intentades adiantar na cola porque total non teñen que ir para traballar e non teñen prisa, esas personas as que criticades porque tardan máis que vós en darme os cartos, esas persoas que NECESITAN axuda nosa para levar a compra ou chamarlles un taxi ou cruzar o paso de peatóns máis amodiño ca nós, sexa o que sexa, esas persoas son vosos avós, vosos bisavós, van ser vosos pais e sabedes que? Tamén ides ser vós. Pero iso non o pensades verdade? Sodes tan insensibles, egocéntricos e miserables que os tratades como si non valeran nada. E sabedes que? Gracias a eles temos todo. Temos dereitos, porque pelexaron por eles con unllas e dentes. Temos recursos, temos sanidade pública, temos escolas onde aprender, temos campos que seguir labrando: temos posibilidades, ferramentas, oportunidades. 

E non fai falta chegar a ese punto da vida, para iso o terceiro exemplo: sodes tan imbéciles que vedes un maldito sinal vertical de minusválidos e dúas plazas pintadas de azul no chan e aparcades sin ter a tarxeta correspondente. Oxalá nunca che pase, pero si algún día acabas en silla de rodas acórdate de min. Si están aí será por algo, non crees? Ou a neurona coxa que tes non che da para máis? Respecto e educación polos demais. 

Só acabo de dar tres exemplos dos muitos que vexo no meu día a día. Oxalá puidera facer máis, oxalá pudera concienciar máis mentes, oxalá pudera cambiar un pouquiño este mundo que estamos destrozando nós mismos. 

Eu non son perfecta, pero si empática, si son responsable afectivamente, cousa que a maioría da xente non sabe nin o que significa, si son consecuente co que fago ou digo, e si penso antes de actuar. Eu vou ao psicólogo e ao psiquiatra porque hai miles de personas aí fora que deberíades de ir e non ides por vergonza, porque non queredes recibir axuda dos demais, por prexuizos… e estades acabando cos demais por non cuidarvos a vós mesmos. 

Eu sei que onde estás ti hoxe podo estar eu mañán. Pero ti, non olvides que onde estou eu hoxe, podes estar ti mañá tamén. Aquí ninguén se libra da morte amigos, chegamos para irnos. Así que por favor, intentade respetarvos, querervos, cuidarvos, e poñervos na piel do outro. Nadie está libre de pecado. Estamos de paso, pero intentemos deixar unha boa pegada. 

E voume despedir cunha última reflexión sobre o efecto dominó. Quen es ti? A primeira peza que empuxa e tira as demais, a seguinte que cae como consecuencia e empuxa así mismo a seguinte? Ou eres o espazo que as separa máis da conta e que frena a caída? 

Pd: Ao final todo pasará.

  • Laura Pola. Natural de Panchés, son unha persoa sinxela por fóra e complicada por dentro, con moito dano vivido e moito amor por recibir. Só quero vivir sin ser xulgada, nunha sociedade onde se priorice o amor e a saúde.

Outros artigos de Laura Pola

Comentarios