A day it’s a moment
Os médicos deronme muitos diagnósticos ao longo destes sete anos que me levan tratando, e si, poñerlle nome ás cousas axuda a entendelas e procesalas e poder informarte e orientarte e traballar sobre o que hai. Pero non teñen unha poción máxica que che dea ca solución aos diferentes problemas que ao final cada un é causa efecto do outro. Nunca vén un só.
Ao principio, cando non entendes o que che está pasando é o peor momento no sentido de que te sintes mui perdida e fóra de lugar. Aínda que en realidade, ese sentimento sempre estivo dentro de ti.
Cando che diagnostican, négaste a crer que iso che estea pasando a ti. E choras días, semanas e meses desesperada por querer desfacerte de todo eso.
Cando o procesas e o aceptas, que non é o mismo, entonces empezas a entender muitas cousas das que levas vivido, condutas que tiveches, accións que fixeches, reaccións diferentes aos dos demais… pero tamén aparece a culpa e as preguntas. Porque eu? Porque a min? Que fixen mal? Merézome esto?
Cando vai pasando o tempo desaparecen as preguntas e predominan as culpas. Entonces empeza o xogo ca medicación, que che axuda a mitigar eses pensamentos intrusivos continuos, esa ansiedade exasperante e esas poucas ganas de vivir que che quedan.
Asumes que non es a mesma, que nada é o mesmo. A xente que che rodeaba por desgracia xa non está (ou por sorte) e o entorno tampouco parece ser o mesmo. As cousas non se sinten igual. Todo perde sabor, todo perde color, intensidade, recordos borrosos ou inexistentes, pérdidas de memoria, cansanzo constante, unha constante tormenta interior, un dilema entre dúas personas atrapadas no teu interior, non disfrutar dos momentos, non focalizar, falta de concentración, falta de enerxía… é como si a vida pesara máis do normal e a mochila se enchera de ladrillos dun día a outro. Todo costa máis, por iso a maioría das veces preferimos estar só, en silencio, na escuridade, simplemente estando, que xa é demasiado. E outras veces só queremos desaparecer para sempre porque te cansas tanto de loitar todos os días que non merece a pena seguir facéndoo.
Sobrepenso, en todo, a cada minuto, analizo cada detalle, cada cambio de voz, os xestos, cada palabra… e todo me afecta mil veces máis do normal.
Chegados a este punto, despois de sete anos de enfermidade e mil tratamentos diferentes, o último que me importa é que catro ignorantes do pueblo se refiran a min como a “tola”, porque sodes só iso, ignorantes, que pensades que ignorar as vosas merdas de vida falando asquerosidades da miña vai arreglar os vosos problemas. E sabedes que? Que mentras eu loito cada día por mellorar, vos seguides ca merda ata o pescozo.
Impórtame unha merda a miña reputación ou o que opinen de min de viva ou de morta. Penso equivocarme as veces que me fagan falta, penso cagala mil veces máis, penso seguir aprendendo cada día a ser mellor persona cos demais mentras vós, panda de inútiles, seguides mirándome mal pola rúa, xirándome a cara, retirándome o saúdo e falando polo baixo pensando que non teño oídos como o resto dos humanos.
E podería levantarme e cerrarvos a boca a cada un de vós cunhas poucas palabras e deixarvos en evidencia e vergonza absoluta diante do pobo enteiro pero no. Sabedes por que? Alguén ensinoume que o tempo é o máis preciado que temos porque nunca o vamos a recuperar, e eu non penso despediciar nin un só segundo da miña corta pero intensa vida en menospreciarche e ensuciar aínda máis do que ti o fas o teu propio nombre porque eu non son así, eu non son coma ti.
Eu teño principios, teño valores, teño educación, pero non te equivoques, que me faga a tola non quere dicir que o sexa. Que o ignore non quere dicir que o olvide e que non che responda hoxe non quere decir que non o vaias a ter que pagar mañá.
Non creo en Dios. Pero sí en que o tempo pon a cada un no seu lugar. Para o meu gusto tarda bastante con algúns pero sempre chega. Aí, aí estarei eu para velo e non xulgarte.
Polo momento, quero vivir en paz conmigo misma e sanarme. Pero creme que si algo teño claro é que son unha pequena revolución e que estou segura de que todo chega, para todos.
Non deixarei pegada pero tampouco pasarei desapercibida por esto que lle chaman vida.
Levo semanas dándolle voltas a algo. Aquí só falo eu pero a min gustaríame escuitarvos a vós, sobre todo si son críticas construtivas ou vivencias reais. Encántame escribir e ler así que pensei que si queredes, si o necesitades ou si simplemente un día te sintes só ou sola, podes escribirme a unha conta de correo que vou a deixar ao final deste artículo. Estarei encantada de leeche e contestarche. Veremos si funciona, por probar que non sea!
Email de contacto: cartasalauracarnota@gmail.com
Pd: espérovos con ansia e ilusión.
- Laura Pola. Natural de Panchés, son unha persoa sinxela por fóra e complicada por dentro, con moito dano vivido e moito amor por recibir. Só quero vivir sin ser xulgada, nunha sociedade onde se priorice o amor e a saúde.