Ola e adeus

Está acabando o ano. Bueno, de feito, queda aínda un mes, pero nun abrir e cerrar de ollos aí vai. 

Estou segura que este ano cambiou muito desde xaneiro ata ahora para muitos de vós, eu incluida. De feito, cambioume muitísimo. 

Pero, de todo se aprende, para ben e para mal. Todo nos fai máis fortes, máis conscientes e ás veces, a algúns, máis humanos. Si, dixen a algúns. 

Si algo aprendín é que non podes confiar en ninguén. E cando digo ninguén, é ninguén. Ás veces nin en ti mesmo. Sabedes iso de “do que oias nin a mitade e do que vexas nin a cuarta parte”, pois tal cual. Nada é o que parece, nadie é quen pretende ser. Por desgracia vivimos nunha sociedade na que se premia a mentira e a deslealdade a un mesmo e aos demais aos que dicimos “querer”. 

É triste, pero certo. En realidade é penoso e bochornoso. Sinto asco de esta sociedade agora mesmo en este aspecto. Non hai responsabilidade afectiva, non hai humanidad,e non hai empatía, non hai sentimentos reais e puros… parece que todo se volve automático e que as personas son como robots sin sentimentos que só miran polos seus propios intereses. Sáfome o cú aínda que che teña que levar a ti por diante. Había que aplaudirvos en verdade, pero na cara. 

Este ano, a min polo menos, pasoume factura, no sentido de que chego cansada. Cansada de que me utilicen, de que non me valoren, de que me falten ao respeto, me mintan, me menosprecien… cansada de aguantar comentarios fóra de lugar, cansada de que se inventen a miña vida cando só a sei eu. Pero bueno, sempre fui máis fácil inventar a dos outros para non falar da túa propia. 

Son vengativa, muito de feito, pero, non me vale a pena darlles nin un segundo da miña preciada vida a ningún deles. Así que non, non me vou rebaixar ao teu nivel, non vou entrar no teu xogo nin vou a cerrarche a boca diante da xente e deixarche en ridículo, cousas que podería facer todas elas. Tes máis que perder que eu, asegúrocho. 

Voume centrar en min, na miña familia, no meu canciño e nos amigos de verdade que conto con menos dedos dos que teño nunha soa man. 

Non lle vou a dar a ninguén ningún tipo de satisfacción personal, que cada un pense o que queira, que cada un crea a versión que queira, porque eu a miña non a vou dar, así que eso… 

O 27 deste mes cumplo 28 anos e penso facer que valgan a pena, que marquen a diferencia e dedicarmos únicamente e exclusivamente a min misma. Sí, así de egoísta vou a ser. 

Espero de corazón que teñades un bo remate de ano e un bo comenzo de ano mellor aínda. Que todos os vosos soños se poidan cumplir, que as metas que vos poñades as alcancedes pero sobre todo que disfrutedes de cada momento, de cada persona, de cada lugar, de cada recuerdo. E que cando acabe o próximo ano miredes para atrás e digades “joder, pois sí que valiu a pena”. Primeiro vós, despois vós, e xa logo, os demais. 

Recorda, se ti non te queres e non te cuidas e non te respetas a ti mismo, non poderás facer nada deso cos demais. 

E gracias, por darme un oquiño aquí, por descubrir xente marabillosa a través destes textos, e non sei sei volverei ou non pero polo menos espero ser recordada por algo o día que xa non estea. 

Un bico a tod@s e un abrazo enorme. Sona a despedida pero igual o deixamos nun ata pronto. Vivide.

 

  • Laura Pola. Natural de Panchés, son unha persoa sinxela por fóra e complicada por dentro, con moito dano vivido e moito amor por recibir. Só quero vivir sin ser xulgada, nunha sociedade onde se priorice o amor e a saúde.

Outros artigos de Laura Pola