Presta atención!

Querría dicir tanto… que non sabería por onde empezar. Pero ao mesmo tempo sinto que xa o dixen mil veces e non fun escuitada. Non quero disculparme porque non son culpable, pero síntome culpable por non poder sanar a quen estaba enfermo. Pero teño que entender que non son dios nin podo axudar a quen non quere axuda. Hai que saber soltar, ou acabas indo arrastro. E doe, doe muito pero quédate con que tamén aprendes. 

Opinións as que queiras e para todos os gustos, pero ninguén che conoce realmente, salvo ti mesma. Son prexuizos, ideas que cada quen se monta na súa cabeza en base a algo que viron sen contextualizar, escuitaron sen preguntar, ou imaxinaron. 

Estamos sendo prexulgados constantemente, e sen darnos conta facemos o mesmo cos demais algunhas veces e iso non está ben. Cada un sabe a súa historia, o seu motivo, a súa motivación, o seu porqué, e nin eu nin ti somos quen a dicir se iso é válido ou no. 

E nunca te olvides, de que hoxe é el e mañá podes ser ti ou calquera cercano a ti,e non vas a actuar igual, créeme. 

Humanicémonos. Teñamos empatía que se vos enche a boca e despois non sabedes nin o que é. Tende responsabilidade afectiva, que tampouco sabedes o que é. TODOS SOMOS PERSONAS. Polo tanto, como personas debemos ser tratados. Todos sentimos, todos pensamos (uns máis que outros), todos vivimos cousas que nadie sabe… non te atrevas a xulgar a alguén só pola súa idade, pola súa apariencia ou pola falta de algo. 

Cada un ten a súa mochila e ninguén a vai contando pero coida as túas palabras porque podes ferir a outra persona, e muito, co que lle dis e con como llo dis. Faite responsable do que sale da túa boca e de en que tono sale. E ten cuidado, joder, que todos somos seres vivos cunha vida pasada presente e si pode ser futura. A vida dá muitas voltas, aínda non te destes conta? Hoxe por ti e mañá por min. Hoxe ti e mañá o mellor vou eu. Hoxe el ou ela e pasado nós. 

Nunca digas nunca. Que non sabes o que vai pasarche mañá. Ou hoxe. Hai que pensar antes de falar. Hai que poñerse na pel dos demais máis a miúdo. 

Pero todo isto sin olvidar os límites de cada un. Hai límites que non debes cruzar, e hai outros que non debes deixar que ninguén cruce cara ti. NON TODO VALE. 

Perdoar non é olvidar. E olvidar non é perdoar. Ninguén merece mitade das cousas que lle pasan, pero pasan, así que ou te resignas ou tiras para adiante e aprendes a buscar a forma de que non volva a pasar. Sempre ca mirada para diante. De nada vale volvela atrás. O feito, feito está. Non intentes cambiar a ninguén. Ninguén cambia, e menos si eles mismos non queren. Non é o teu traballo, non é a túa responsabilidade. Ti cuida de ti misma e apoia ao resto si o consideras. 

Cada un sembra en gran parte o seu camiño, non te metas en camiños que son alleos a ti, ou de diferente terreno. Simplemente encáuzate no que consideres bo para ti. 

Vida só tes unha. Gózaa o máis que podas, vívea e síntea como si cada día puidera ser o último, porque pode selo. Cuidate ti misma, ninguén NINGUÉN, che vai cuidar mellor que ti misma. Ninguén che ampara, ninguén vela por ti. Ese é o teu traballo. 

As cousas non sempre son xustas, a xustiza non sempre é xusta. Non sempre teñen a razón, só hai que ver a televisión un par de días para ver canta xente morre por culpa de decisións mal tomadas. 

Quen mellor te coñeces es ti, e o teu corpo. Escúitao e faille caso porque el vaiche avisar de cando estás en perigo, el vai protexerche, el é quen de verdade che cuida e se preocupa por ti. 

E oe, alguén me dixo que había que darse “gustitos”, así que xa sabes, polo menos unha cousa ao día por e para ti. 

Non tires a toalla a menos que sea para coller unha nova ca que seguir. Pero as pedras da mochila, vainas baleirando xa, pouco a pouco, sen prisa, pero sen pausa e vai cerrando etapas e abrindo comezos. Cerra portas e abre ventás. Esta vida está chea de posibilidades, só hai que pelexar por elas. Non te rindas, ti podes!