Somos unha vez na vida
Hai momentos na vida nos que parece que as cousas non están ao teu favor, que entras nun círculo vicioso de todo mal e acabaste desesperando. Digo esto porque eu me sentín así muitas veces, por muitos motivos en concreto pero esta última vez fui como un cúmulo de despropósitos desafortunados que encaixaron nun espacio tempo demasiado pequeno como para ter xustamente tempo para xestionar e meditar con calma como afrontalos cas ferramentas que fun adquirindo gracias a diferentes profesionais e a propia experiencia (a base de caer e tropezar na misma pedra) e que agora sei usar de forma que me resulten beneficiosas para min principalmente, non como egoísmo senón como forma de calma e seguridade que necesito ter para estabilizarme.
Digamos que un cúmulo de despropósitos persoais, laborais, sociais, médicos e intrínsecos, que por separado tiveran sido un grao de area, xuntáronse nun momento concreto e fixeron unha montaña que eu non souben derribar. Pero, se algo aprendín é que rendirse non é unha opción, así que, sendo a persona máis pesimista que poidades conocer, estoume autoenganando para ser unha positiva a secas, tampouco hai que irse aos mundos de yupi. Quero dicir, non vou derribar a montaña nin reventala, simplemente, vou coller mosquetóns e corda e vouna ir escalando pouco a pouco, sen ter muita idea de como pero como din agora “flúe”, pois iso, con perseverancia, actitude, ganas (uns días máis e outros menos), e con apoio (algo indispensable para calquera ser humano que viva en sociedade), pois vamos indo.
Con isto a onde quero chegar… a que ás veces cando as luces se apagan e non podes ver, só tes que esperar a que os ollos se acostumen á escuridade; a que cando unha ou varias portas se cerran, acabará por abrirse antes ou despois unha pequena fiestra pola que tes que meter a man ou a cabeza; que se ti non loitas polo teu, ninguén o fará por ti; e que non te rindas joder, que a vida son dous días e pasámonos un deles pensando en que facer co outro. Día a día, paso a paso, non queiramos correr sin saber andar.
E despois hai algo mui importante que aprendín e que tes que saber autoxestionar ti por ti mismo e é que o medo non che free nunca, nin o medo a equivocarte. Arrepíntete de telo intentado e que non funcionara pero nunca, nunca te quedes cas ganas de probalo. E ese medo paralizante con todos os pensamientos negativos que atrae, frénao, engánao a el tamén e dille que esta vez lle cerras a porta, que non lle das permiso a colarse nas túas decisións que están meditadas e motivadas por algo razonado e con argumentos.
Si tes que pedir axuda, pídea. Pero solo si estás realmente decidido a recibila e aproveitala. Si tes que decir que no, ou basta, dio, pero sempre marcando os teus propios límites, con calquer persona, sea ou non familia. Ti primeiro, despois ti e xa si eso o resto. Dudar non é de débiles, é de estúpidos non facelo, as cousas hai que pensalas, mirar pros e contras e decidir con argumentos que podas defender. Chorar non é de cobardes, é de valientes reconocer, aceptar e permitirte sentir as túas emocións, porque somos seres humanos com cerebro (máis ou menos racional xa dependendo do individuo) e con corazón (máis ou menos real dependendo do boa ou mala persona que seas).
Pero recorda: non todos somos iguais (por sorte ou por desgracia), entonces, toma nota: NADIE cambia por ti, NADIE fai por ti, NADIE che quere máis que ti e NADIE ten dereito a xulgar salvo un xuíz ou xuíza. Si morres, morres ti. Si a cagas, cágala ti. Si triunfas, o logro é teu. E si fracasas, quen debe aprender a mellorar eres ti. Confía SÓ en tí mismo. NADIE che conoce mellor que ti mismo. NADIE merece nada de ti que non sexa proporcionalmente recíproco (e isto non quere dicir que ti só deas pensando en recibir, non. Quere decir que igual que eu dou porque me sae dar, tamén me encanta recibir do mismo que dou). NADIE vai estar nunca á altura das túas expectativas, e de ser así estás idolatrando a esa persona, porque NADIE é perfecto. TODOS somos perfectamente imperfectos e eso é o que nos fai ÚNICOS.
Quen che minte, non é por evitarche dolor, é por cobardía e vergonza de si mesmo. Esa persona non merece nin un só segundo da túa vida, porque minte por non querer aceptar a realidade, e por muito que lle intentes axudar non vai valer de nada porque sin intención non hai solución.
Quen che trata mal, verbal, física ou psíquicamente aínda que só sea unha vez, solo unha, CORRE, lárgate de aí e sal a tempo porque por detrás hai muito que non sabes e asegúroche que prefires non sabelo.
E por último, CONFÍA, chámalle karma chámalle energía chámalle x. E volvo a un refrán “non cuspas para arriba que todo baixa”. Antes ou despois (normalmente máis tarde do que desexamos) cada un cae polo seu propio peso. “Píllase antes a un mentiroso que a un coxo”, “Aunque la mona se vista de seda, mona se queda”. Pero non esperes a que che dean a razón, non cha vai dar ninguén, pero recorda que “sei máis de ti polo que calas que polo que dis”. E quero dicirche que, aínda que a venganza soa ben, é boa verdade que se sirve mellor nun plato frío. E ganas máis calando, facéndote o tolai ou o idiota, que contando a túa versión, porque o final, nalgún momento, saberase a verdade, e ti quedarás elegante e os demais como o que son, escoria humana. Ti podes e debes andar ca cabeza alta si tes a conciencia tranquila, os outros son os que non pegan ollo de nuite e cambian de acera cando che ven vir de frente.
Confía no proceso, confía en ti, e enfócate nos resultados a corto medio e largo prazo e enfócate en ti. Es muito máis forte do que pensas, do que aparentas e do que sabes. Busca dentro de ti e atoparás respostas. Ás veces o camiño máis bonito non é a mellor decisión, ás veces está mellor o resultado do camiño con ortigas, xestas e pedras.
Xúntate con quen sume, con quen aporte algo positivo. E a quen reste ou non faga nada, patada no cú e o lixo. Fai limpeza na túa vida. Fai limpeza na túa casa, fai limpieza nas túas rrss, fai limpeza en todo. Xa non nos vale que estés aí un día ao ano ou en datas sinalads. Quero máis, merezo máis, dou máis e esixo máis, daquela, fóra.
Os trens pasan unha vez, pero non te olvides que trens hai muitos, e estacións tamén, e podes subir e baixar delas, cambiar de sentido, non subir… E sempre que baixes dun, ten claro esto: A ESE TREN NON SE VOLVE NUNCA. Por algo baixastes del, non? Pois joder… tira pa'diante e non mires atrás. Pasado pisado (que boa canción).
Busca paz mental, paz no teu día a día, escapa dos conflictos, ao traballo vaise a traballar non a facer amigos. Os amigos xorden cando menos os buscas, e cóntanse cos dedos dunha man, e deberían de sobrar dedos. Falo dos de verdade claro, dos que están aí cada día que caes, non para levantarte, non te equivoques, senón para sentarse ao teu lado sen dicir nada, só estar presentes, acompañar no proceso. “Nas boas e nas malas, na salú e na enfermedad” (non che fai falta unha boda para eso créeme… ) e ademais, si sodes almas xemelgas, nin a morte vai poder con vós.
Bueno, creo que xa che dei abondo a turra por hoxe… en verdade esto escríboo porque me fai ben a min, eh! Así de claro cho digo, xa si ademais axudo a alguén como me consta que fixen, pois mellor que mellor pero vamos que é a miña forma de vivir. E ninguén che mandou ler, xa sabías ao principio pola foto de quen era o artigo, podías intuir ata pordonde ían ir os tiros, e si chegastes ao final debe de ser que non fun tan aburrida ou que o aburrido eras ti para poñerte a ler todo esto e prestarme a túa atención uns minutos, cousa que, de todos modos, agradezo.
Si queres deixar un comentario, adiante. Si queres nin facelo e dicirmo a min a cara ou a un familiar cercano como facedes muitas veces, adiante tamén, e si queredes falar conmigo preguntade polo meu contacto á familia de QPC. E si tes a sorte de ter o meu número e queres comentar algo, adiante, non serás xulgado, non estudiei dereito.
Como vedes, e xa acabo, gústame escribir, tamén ler, e ademais son esa persona que manda podcast en vez de audios por WhatsApp polo que me estou reformulo mui seriamente empezar a subir podcasts a algún canal de youtube ou spotify ou non sei pero estaría ben falar de diversos temas e poder saber as opinións do resto e aprender uns de outros. Pero para eso necesito que me deades un feedback. Quero charlar contigo de algo. Dime de qué queres charlar conmigo e fagámolo.
Espero que tiverades bo comezo de ano, que os propósitos que puxéstedes foran reais e non tirárades a toalla con máis do 50% e que vos vaia todo como vos merecedes (nin mellor nin peor), cal cual como cada un se merece, si é que o mereces claro…. XD
Que teñades bo día xente! Non vos olvidedes de vivir!
- Laura Pola. Natural de Panchés, son unha persoa sinxela por fóra e complicada por dentro, con moito dano vivido e moito amor por recibir. Só quero vivir sin ser xulgada, nunha sociedade onde se priorice o amor e a saúde.
Outros artigos de Laura Pola
- Ata pronto.
- Ola e adeus.
- A day it’s a moment
- Vive como se fora o último día
- Costa.
- Importancia ao importante