Case 100 adestradores titulados en dous anos na Costa

Preto de 100 adestradores titulados ten xa o fútbol da Costa para a vindeira tempada 2015-16 logo dos tres cursos de monitor celebrados nestes dous anos e o curso de nivel 1 celebrado nesta tempada en Carballo.

Si na pasada campaña 2013-14 houbo dous cursos de monitor de fútbol basee, convocados pola Escola Galega de Adestradores de Fútbol, dependente da Federación Galega de Fútbol, celebrados en Dumbría (con 25 asistentes) e Santa Comba (onde foron 20 os inscritos), na tempada que finaliza o 30 deste mes, foron outros dous cursos os celebrados.

En primeiro lugar, o curso de adestrador nivel 1 (onde os aprobados alcanzarán o título que lles habilitará para poder dirixir equipos desde Xuvenís a Fútbol 8, celebrado en Carballo, e que se clausurou días pasados cos exames das tres últimas asignaturas do curso, con 19 inscritos.

E, desde finais de abril, o curso de monitor que se está desenvolvendo en Fisterra, con 30 participantes, e que se clausurará o xoves día 25 de xuño. Un total de 94 novos técnicos dos que poderán gozar os equipos da Costa para dirixir aos seus equipos a partir da tempada 2015-16, onde xa esixirán que os adestradores de base teñan, como mínimo, a titulación de monitor. Un traballo moi serio o realizado por todos os asistentes aos cursos convocados e organizados pola Escola Galega de Adestradores, con nove asignaturas que tiveron que preparar e, no caso dos aspirantes ao nivel 1, examinarse, con notable éxito en xeral.

Agora, a esperar as novas convocatorias, que xa empezan a saír, de cara aos niveis 1 e 2, que posiblemente se celebren na sé de Carballo, que a Escola desexa que sexa permanente, pero, como en todo, depende do número de inscritos na mesma, que nunca pode ser inferior a 15 alumnos.

Os alumnos tiveron que preparar as asignaturas de Táctica, Técnica, Psicología, Dirección deEquipos, Preparación Física, Metodoloxía, Sociología, Reglamentación, Regras de Xogo e Medicina Deportiva, impartidas por técnicos especialistas e co título de nivel 3 (Adestrador Superior de Fútbol), dirixidos por Manuel Mosquera, director da Escola Galega de Adestradores, con quen escribe como coordinador na zona e profesor de Táctica, Dirección de Equipos e Reglamentación. Con ambos, formaron o cadro de profesores José Manuel Vázquez (Huelvis), que impartiu técnica; Félix García Raposo (Medicina Deportiva); Natalia García Raposo (Psicología, sociología e Dirección de Equipos), Claudio Corbillón (Preparación Física) e Xabier Rodríguez Campos (Regras de Xogo). Esperemos que sigan prodigándose estes cursos para potenciar, aínda máis si cabo, o fútbol da Costa a todos os niveis.

  • Manuel A. González Corredoira, Entrenador Nacional Nivel 3 de Fútbol e Director Deportivo pola RFEF, e actual Director da Escola de Fútbol Base do X.S.C..

Máis artigos de Corredoira

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).