Volve Talesien, e volve en galego
21 de marzo de 2026 (10:33 h.)
Lanza hoxe “Talesien” o seu novo tema. Un Volver que chega ademais como o seu primeiro tema en galego, homenaxeando a todas esas persoas que se viron forzadas a deixar atrás a súa terra na procura dun futuro mellor.
”Estamos moi contentos co bo recibimento ao tema e aos novos membros da banda por parte dos fans e nos directos”, cóntanos Carlos Cotelo. “Seguimos traballando en novos temas e preparando o directo para este verán!”, avisa.
Aquí deixámosvos tamén co seu potente directo.
Máis novas
- QPC celebra o 5º aniversario do #SoandoconForza de Maikel Castro cunha festa no Casino1889 este sábado 28 de marzo.
- A Asociación Musical Costa da Morte preséntanse en sociedade: “O fundamento é tocar”.
- Soando con Forza: 30 anos da apertura do pub Stereo na Laracha