Está o corpo de Jack El Destripador no Cemiterio dos Ingleses?

É unha pregunta, algo trampulleira, que se fai Pedro Torrijos no marco dun proxecto de recuperación da memoria dos naufraxios de Camelle, apoiado pola área de turismo da Deputación.

Interesantísimo relato, en calquera caso, dunha das vilas que mellor coida a súa memoria salgada, como dá conta o seu coidado do Cemiterio dos Ingleses, o seu Museo dos Naufraxios ou as xornadas do City of Agra.