O City of Agra, a festa máis emotiva, simbólica e poderosa do patrimonio dos naufraxios

Fin de semana histórica a vivida en Camelle e Arou. As vilas camariñás acolleron unha nova edición da commemoración do naufraxio do City of Agra, neste 128 aniversario que recolle, mellor que ningún outro acto, toda a simboloxía que representan os naufraxios para a Costa da Morte.
As xornadas, organizadas pola AC Naufraxios Galegos coa colaboración municipal e de entidades da vila como A Folja da Faneca, Mardevalado e a Confraría, unen toda a vila mariñeira para dar conta da importancia do patrimonio salgado na nosa costa. Forman, de feito, o programa cultural máis grande de Galicia adicado a un naufraxio.
Arrincaban o venres coa visita guiada ao sala dos Naufraxios do Museo Man de Camelle, e un sentido homenaxe a Manolo, Paco e Modesto de Bajeras, tres dos primeiros buzos de Camelle, no marco ademais da entrega de premio de Concurso infantil de Escafandras.
A primeira xornada continuaba co Teatro das Palilladas, unha divertida representación do grupo local, chea de tradición, de historia e de risas que encantou ás máis de 200 persoas que acodiron a cita. Completouse a primeira noite co concerto especial de Bronteroc, grupo local formado por Modesto Tajes e Alba, que alternaron música de autor con rock progresivo. Foi un evento especial porque Modesto é fillo do Rubio de Camelle, Manolo de Bajeras, e quixo dedicar unha canción ao seu taratavó, O Prajiño, un dos primeiros mergulladores de Camelle, homenaxeado xusto, un par de horas antes, que morreu en 1925 no naufraxio do San Fernando, un barco de ferro coruñés.

Ruta

Coa feira mariñeira a pleno rendemento, o sábado arrincaba co roteiro animado dos náufragos do Agra, con ata 7 paradas teatralazadas e mesmo aderezada por pinchos históricos. A ruta tivo o seu Momento máis emotivo na leira do Pacho, onde chantaron unha cruz branca que sinala o lugar exacto do cemiterio onde foron soterrados unha veintena dos náufragos do City of Agra, en Arou, un 3 de febreiro de 1897. Esta descuberta feita pola AC Naufraxios Galegos, coa inestimable axuda de Xulio da Cantora e Manolo do Canle, que recurriron a fontes da tradición oral para acadar esta descuberta, este cemiterio-fosa, convirte ao Concello de Camariñas no único Concello do mundo, non pertencente ao Reino Unido nin a Commonwealth, que ten entre os seus lindes actuais dous cemiterios de náufragos británicos: o archicoñecido Cemiterio dos ingleses na punta do Boi e este último.

A xornada sabatina continuou coa sesión vermú e o concerto marabilloso de Adhara & Ritman, coa Cuncheira de Sofán facendo vibrar a toda a parroquia. Pola tardiña, Mar de Fábula armou o seu obradoiro de criaturas con crebas, antes de que comezaran a soar as pandeiretas e as gaitas na foliada.

A arribada
Chegaban as 22:45 da noite do sábado, e con elas o acto máis emotivo, simbolico e poderoso das xornadas, que condensa a nosa historia marítima e o noso patrimonio oral: AArribada dos Náufragos. Durante 45 minutos, a veciñanza de Camelle representa con solemnidade, entrega e ilusión, a salvación e chegada dos náufragos do buque á vila de Arou.
O toque da campá (a orixinal, a real que ía a do barco, e que tralo naufraxio foi doada á igrexa do San Espírutyo Santo de Camelle) fai que 3 grupos de nenos e maiores, vestidos de época saian e percorran as rúas de Camelle pedindo axuda ao berro “Naufraxio e Arou, acudide veciños!!”. A veciñanza arrea os botes de remos para ir buscar os náufragos e pouco despois, aparece o bote cargado de tripulantes hindús e oficiais británicos salvados. Arredor de medio millar de persoas atendía a esta representación, teatralizada polo speaker Xurxo Rod. e da música do grupo Kreze, que repetía por segundo ano, e con actores locais no profesionais pero cheos de sufrimento. A veciñanza ofrecía mantas, e cacerolos de auga quente aos náfragos, e mesmo se representou a atención a un ferido. Un espectáculo que cada ano vai collendo máis sona, e que dá conta da importancia do contido histórico para as novas festas da comarca.
A noite rematou cos monólogos dos 5 grandes monologuistas de Camelle.
A Despedida
E se pola noite a representación é da Arribada, na mañá dominical representan a Despedida, nun acto que comeza co pasarrúas amenizado polo grupo Jolpe de Mar, e no que os náfragos hindçus e british, van acompañados das autoridades, a Garda Civil, o crego, o xerente da compañía de Salvamento, así como o alcalde de Barrio de Camelle, Víctor Carril, e o alcalde de Camariñas de entón Luciano Lema.
Empezan pola rúa principal, saltan a palco da música, ondes e fai entrega de medallas aos 3 patróns camelláns, que salvaron ducias de persoas. Apesar da lixeira chuvia, non impediu representar a marcha a aos repatriados ás súas terras.
As xornadas remataron co Partido das nacións, entre mariñeiros dos británicos do City e os malpicáns, grañaron os británcos con 5-4. Na xornada no Rodeiro, tamén se entregaron os premios ás 3 fachadas mariñeiras.