martes. 09.12.2025
El tiempo

Camelle homenaxeou a José Baña Heim no Museo de Man

Visita guiada ao Museo do Mar de Camelle
Unha das visitas guiadas ao Museo do Mar de Camelle
Camelle homenaxeou a José Baña Heim no Museo de Man

Acolleu esta fin de semana a vila de Camelle a IV edición do Marte de Invernía. A A.C. Naufraxios Galegos encheu de cultura mariñeira, unha vez máis, a vila camariñá, durante o venres 6 e sábado 7, enchendo de vida o Museo de Man.

O gran protagonista da fin de semana foi José Baña Heim. A entidade estreou un espazo ao histórico mestre e creador dunha das enciclopedias máis importantes sobre os naufraxios da Costa da Morte, “Costa de la Muerte. Historia y anecdotario de sus naufraxios”.

Tivo unha potente carga simbólica e emocional o acto de inauguración do espazo creado por Manolo do Canle (Manuel Suárez Pose), que conta cun cofre coa cámara orixinal coa que don Pepe fixo a ruta marabillosa cos seus alumnos que deu vida ao gran libro, ademais dunha parede con fotos de familiares.

Espazo de homenaxe a Jose Bana Heim no Museo dos Naufraxios
Espazo de homenaxe a Jose Bana Heim no Museo dos Naufraxios

Estivo presente boa parte da familia do homenaxeado, como as súa fillas Lourdes e Marisol Baña Romero, ou o seu neto Alberto Baña. A súa neta Alicia (filla do finado Pepiño, o fillo de Don Pepe) non puido asistir por atoparse fóra, pero todas amosáronse tremendamente agradecidas.

Lourdes e Marisol Baña Romero, fillas de Don Pepe Baña (na foto)
Lourdes e Marisol Baña Romero, fillas de Don Pepe Baña

 

A colaboración

Carlos da Cantora, Juan de Gloria e Álex o Muxisquiño, dous dos 37 colaboradores da Sala dos Naufraxios e da Historia Marítima de Camelle
Carlos da Cantora, Juan de Gloria e Álex o Muxisquiño, tres dos 37 colaboradores da Sala dos Naufraxios e da Historia Marítima de Camelle

Ademais da exitosa feira de Nadal, a fin de semana tamén serviu para render homenaxe aos 37 colaboradores da Sala dos Naufraxios e da Historia Marítima de Camelle. 30 deles puideron estar presentes, como Carlos da Cantora, Juan de Gloria e Álex o Muxisquiño, que foron recoñecidos pola súa laboura a prol da preservación e divulgación da Historia Marítima do seu pobo. Tanto os 37 colaboradores, como os familiares de Baña Heim, recibiron uns agasallos por parte da AC Naufraxios Galegos.

Durante as xornadas tamén tiveron moi éxito os obradoiros realizados polo Taller de las Hadas, e as intervencións musicais de Jolpe de Mar (as rapazas de Folja da Faneca coidaron tamén da cantina) e de Mar Devalado, mentres os Fernando Patricio Cortizo e a xente de Naufraxios Galegos atendían ás visitas ao museo.

Golpe de Mar
Golpe de Mar
Mar Devalado
Mar Devalado

Homenaxe a Modesto

A xornada rematarán o 27 de decembro, fronte a familiares, coa proxección dun vídeo moi especial: O Rei das Mareas, de Serj e Masando Pulpos, feito en homenaxe ao mariñeiro e submarinista camellán Modesto Tajes Sánchez, cumple 10 anos.
Ademais, Serj, Mo e Tajes tocarán unhas pezas.

Comentarios