Canto pesa un kilo de zucre no mar? O vídeo viral dun mariñeiro costeiro
Xa avanzamos hoxe a nova folga indefinida da parque de baixura en todo o estado, que afecta directamente á nosa comarca, pola imposición do novo Regulamento de Control Europeo, o coñecido xa como DEA (Diario Electrónico de Pesca).
Unha sombra que xa leva percorrendo os nosos mares varios anos, e que de feito xa provocou paros en 2021. Pero parece que ninguén escoitou ao sector, que se alza contra unhas medidas absolutamente imposibles de realizar.
Ademais da imposibilidade de avanzar a hora de chegada a porto con 4 horas de antelación, unha das medidas que máis está provocando as queixas do sector é a necesidade de traer todo pesado a porto. Este vídeo, realizado por un patrón de pesca da Costa da Morte pola banda de Muros, resume perfectamente a realidade dunha embarcación fronte a do despacho onde se deciden estas medidas.
Máis novas
- 15-01-2026: O sector pesqueiro amarra a toda a frota a partir deste venres 16 de xaneiro.
- 14-01-2026: O mar costeiro tamén clama pola entrada en vigor do novo regulamento de control: "Imos a pique e seguen tocando os violíns".
- 2021: A pesca artesanal sae en bloque en contra do novo Regulamento Europeo de Control.