xoves. 15.01.2026
El tiempo

Costa da Morte

Canto pesa un kilo de zucre no mar? O vídeo viral dun mariñeiro costeiro

Xa avanzamos hoxe a nova folga indefinida da parque de baixura en todo o estado, que afecta directamente á nosa comarca, pola imposición do novo Regulamento de Control Europeo, o coñecido xa como DEA (Diario Electrónico de Pesca).

Unha sombra que xa leva percorrendo os nosos mares varios anos, e que de feito xa provocou paros en 2021. Pero parece que ninguén escoitou ao sector, que se alza contra unhas medidas absolutamente imposibles de realizar. 

Ademais da imposibilidade de avanzar a hora de chegada a porto con 4 horas de antelación, unha das medidas que máis está provocando as queixas do sector é a necesidade de traer todo pesado a porto. Este vídeo, realizado por un patrón de pesca da Costa da Morte pola banda de Muros, resume perfectamente a realidade dunha embarcación fronte a do despacho onde se deciden estas medidas. 

 

Máis novas

Canto pesa un kilo de zucre no mar? O vídeo viral dun mariñeiro costeiro