A pesca artesanal sae en bloque en contra do novo Regulamento Europeo de Control
- ”Somos pescadores, non delincuentes” foi un dos lemas máis utilizados polo sector.
Lonxas pechadas, barcos nas ensenadas facendo soar as bocinas, mariscadores de a pé nos peiraos con pancartas… Así se desenvolveu un novo parón, unha nova folga do sector da pesca artesanal na Costa da Morte, e en toda Galicia, en contra do novo Regulamento de Control Europeo de Pesca.
Todas as confrarías da zona (agás a de Corcubión, onde onde todos os barcos volveron acordar, como na folga de abril, por unanimidade non facer paro) paralizaron a súa actividade, en protesta polas novas obrigas de control que a EU quere instaurar nas pequenas embarcacións de baixura, tratadas coma se fosen grandes buques de altura.
A frota costeira considera que xa está de sobra controlada, e que a instalación de videocámaras, un diario electrónico de abordo e un sistema de xeolocalización son excesivos e mesmo incompatibles coa actividade. Todo para unhas artes que xa son moi selectivas, non como a pesca industrial, e precisamente por aí intenta a Federación de Confrarías, e grupos como o BNG, facer entender en Europa a diferencia entre pesca artesanal e pesca industrial.
“Consideramos moi lesivo ese regulamento”, denunciou hoxe a voceira do BNG en Europa Ana Miranda, lembrando que PP e o PSOE votaron a favor da súa aprobación. “Desde o BNG queremos que a frota artesanal galega sexa excluída do regulamento de pesca”, manifestou Miranda.
Na meirande parte da comarca o seguemento foi completo. Peiraos como Malpica ou Muros enchéronse de barcos que fixeron soar as bocinas por toda a vila. Noutros como Camelle, Fisterra, Muxía ou Corme a actividade realzouse en terra, con concentracións importantes.
”Somos pescadores, non delincuentes” foi un dos lemas máis utilizados polo sector.
Concentración en Camelle
Concentración en Corme
Concentración en Fisterra
Concentración en Muxía
Concentración en Malpica
Concentración en Muros
Novas relacionadas
- 26-03.-21: A pesca artesanal da Costa da Morte secundou a folga contra a criminalización do sector por parte da UE.
- A Costa da Morte mobiliza a pesca artesanal toda Galicia contra o Regulamento Europeo de Control da Pesca.
- Gran malestar no sector da pesca artesanal ante a instalación de cámaras e xeolocalizadores impostas pola UE.