A Mesa redonda de conciliación entre árbitr@s e clubs do Fútbol da Costa en vídeo
26 de marzo de 2026 (13:21 h.)
Interesantísima a xornada formativa, no marco das Xornadas ADN da Real Federación Galega de Fútbol, organizada en Ponteceso polo diario QPC, o Comité Técnico de Árbitros e a subdelegación arbitral da Costa, coa colaboración municipal. O Centro Cultural da vila pondaliana acolleu unha charla pioneira, que incide na vocación desta casa de incluír ao colectivo arbitral como parte intrínseca do noso senlleiro e envexado Fútbol da Costa. Galas, álbumes, partidos solidarios… e tamén estas xornadas incluímos a uns árbitros e árbitras, que deixaron patente que se sinten orgullosísim@s de formar parte da familia do fútbol costeiro.
Aquí tendes o vídeo completo, e podedes ver a crónica da xornada nesta ligazón.