O alalá de Xabier Díaz na Barca: “Eu fun abalar a pedra”
05 de febreiro de 2022 (08:27 h.)
As fermosas e máxicas estampas do mar, das pedras e Santuario da Virxe da Barca, en Muxía, son os escenario do novo vídeoclip que vén de presentar o artista Xabier Díaz. Este “Cantos de Salitre. Alalá de Muxía”, gravado por Carlos Abal Lobato, chega no marco do proxecto “O meu país, a miña música”, que conta coa colaboración do Fondo de proxectos culturais Xacobeo 2021-2022 da Xunta de Galicia.
Un chanzo máis na relación con esta artista xa mundial coa nosa terra. Xa en 2015 presentaba “Tambourine Man”, un con moito acento costeiro, como el mesmo nos contaba nunha longa entrevista. Tamén en 2020 visitaba o “paraíso” da illa Lobeira da man de Xosé Iglesias, e ese mesmo ano presentou outro videoclip gravado na praia de Carnota.
Novas relacionadas
- 2020: Illas de Sal, cando Xabier Díaz danza cas ondas do mar na praia de Carnota.
- 2020: Cantigas de Leviatán: Xabier Díaz no “paraíso”,
- 2015: Entrevista Xabier Díaz: "A Costa da Morte é unha terra fértil en folclore”.