O segundo single de "As catedrais silenciadas" de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre, vén acompañado dunhas imaxes espectaculares. A pequena Sofía Souto Carballido danzando, co mar, sobre o areal da praia de Carnota co Monte Pindo de fondo.
A cousa ten historia porque "a peza é unha xota que ten a súa orixe nun tema recollido na zona de Corcubión polo estadounidense Alan Lomax, un dos etnomusicólogos máis importantes do século XX". Díaz toma a melodía e ponlle letra.
Novas relacionadas