Domingo. 07.06.2020
El tiempo

Xabier Díaz estrea novo disco con aires da Costa da Morte

Xabier Díaz estrea novo disco con aires da Costa da Morte
Xabier Díaz presenta o venres no teatro Rosalía da Coruña o seu último traballo Xabier Díaz presenta o venres no teatro Rosalía da Coruña o seu traballo "The Tambourine Man" é o novo traballo de Xabier Díaz recén sacado do forno. Entre o repertoriodo disco, composto por doce temas de música tradicional galega, figuran algúns temas recollidos en distintas zonas da Costa da Morte. "Pois un tema foi recollido na Laracha, dous en Malpica e outro en Zas", asegura o artista. Ademais, neste novo traballo conta coa colaboración do grupo de cantareiras e percusionistas Adufeiras de Salitre - algunha delas con orixes próximas á Costa da Morte - . Xabier Díaz é un vello coñecido na zona ata onde chegou con Berrogüeto, concretamente no trinta aniversario da carballeira de Zas, con Guadi Galego e con ACadaCanto e incluso impartiu clases de gaita e percusión na escola de música e baile tradicional da asociación Adro de Baio. Acompañado de Gutier Álvarez (zanfona e violín) e Javier Álvarez (acordeón diatónico), "The Tambourine Men" está preparado para invadir os escenarios con muiñeiras e pasodobles. O vindeiro venres, 16 de outubro, ás 20:30 horas Díaz e o seu equipo presentarán o disco no teatro Rosalía da Coruña. Por diante quedan actuacións en Vigo (15 de novembro), Madrid (4 de decembro) e Barcelona (5 de decembro). https://youtu.be/Z0Ok4iTHELU Traxectoria Xabier Díaz compaxina as súas facetas de músico e compositor cunha laboriosa actividade como investigador e compilador do folclore tradicional galego. Froito deste traballo editou Coplas para Icía (2007) coa participación a Pedro Lamas e Suso Iglesias. Foi cantante titular da compañía Nova Galega de Danza coa que realizou os espectáculos Alento, Engado e Tradicción que xiraron pola península ibérica. Entrou a formar parte do grupo Berrogüetto, onde participou dende comezos do 2008 ata este mesmo ano no que a banda anunciaba a súa disolución. Nestes anos gañou coa banda un premio da Academia da Música á mellor canción en galego (2011), así como o premio ó mellor grupo de Música Folk na primeira edición dos premios galegos da Música Martín Codax neste mesmo ano 2014 así como o premio á mellor banda sonora da película Inevitable (2013) nos premios Mestre Mateo. Participou con Guadi Galego, Guillermo Fernández e Xosé Lois Romero no proxecto aCadaCanto. Fonte

comentarios