Xosé María Lema lévanos de viaxe onomástica por Brandomil
05 de novembro de 2025 (14:45 h.)
Volve a Real Academia Galega levarnos pola toponimia e etimololía da Costa da Morte. Volve ser o noso Xosé María Lema Suárez o que nos leva, desta volta, a Brandomil, talvez a freguesía con máis sona do concello coruñés de Zas. Eduardo Pondal bautizou co seu nome un dos seus imaxinarios heroes celtas, o “valente Brandomil”, a quen o bardo bergantiñán lle deu a mesma importancia ca o mítico Breogán, fundador da nación galega.
Ademais, Brandomil destacou na actualidade debido ás últimas escavacións arqueolóxicas que se desenvolveron no lugar chamado A Pedra do Altar, pois sacaron á luz un dos depósitos arqueolóxicos máis importantes da Gallaecia romana.
Máis novas sobre Brandomil
Outras novas de Onomástica
- O Seminario de Onomástica analiza a historia de Cereixo.
- Cabana no Seminario de Onomástica da RAG
- Laxe no Seminario de Onomástica da RAG.
- O Allo e Cebola no Seminario de Onomástica con Xosé María Lema