Mércores. 01.05.2024
El tiempo

Laxe

Laxe no Seminario de Onomástica da RAG

A Real Academia Galega inicia unha nova tempada da serie de micropezas audiovisuais O Seminario de Onomástica responde, na que os especialistas en nomes propios do citado seminario divulgan o valor da toponimia como patrimonio inmaterial e afondan no significado, na historia. Ao longo destes días presentarán o nome de Zas nas diferentes plataformas, academia.gal, na canle de Youtube da RAG e no portal Toponimia de Galicia. Pero antes queremos recuperar algunhas das que xa están inseridas.

É Xosé María Lema Suárez o responsable de contarnos a historia do nome de Laxe.

Laxe no Seminario de Onomástica da RAG