Arrinca unha nova campaña de conservación e musealización no Castro de Montes Claros

Fermosa vista aerea do Castro Montes Claros

Esta semana comezan as tarefas de conservación, musealización e consolidación do Castro de Montes Claros, na Laracha. Uns traballos, financiados con apenas 10.300€ da Xunta, destinados a seguir coa súa investigación e revalorización polo que leva apostando o Concello dende 2017

 

Os labores, cun período estimado de 15 días, concéntranse na escavación con metodoloxía arqueolóxica, na diagnose do estado de conservación, na musealización e na consolidación dos restos arqueolóxicos descubertos. Ademais, tamén se fará un levantamento topográfico, en tres dimensións, da área de actuación e un debuxo das estruturas exhumadas. Todo isto complétase coa recollida de mostras e documentación gráfica.

 Castro Montes Claros 

O xacemento de Camiño Pedra do Altar, en Zas, forma parte tamén das seis actuacións promovidas pola Xunta.

 

Máis novas do xacemento