Venres. 19.04.2024
El tiempo

As primeiras escavacións no Castro de Montes Claros descobren a vinculación bergantiñá co comercio mediterráneo

As primeiras escavacións no Castro de Montes Claros descobren a vinculación bergantiñá co comercio mediterráneo

Fantástica a aposta do Concello da Laracha de poñer en valor o valor arqueolóxico do Castro de Montes Claros. Tras anos de trámites (modificación do PXOM, adquisición das fincas, e os traballos de deseucaliptización, desbroce e limpeza), un equipo de arqueólog@s da empresa Terra Arqueos, baixo a supervisión de Puri Soto, están realizando as primeiras escavacións no xacemento, concretamente “nunha das entradas e na croa”. Un proxecto que enche de “ilusión” ao mesmo alcalde, que asegura que “a nosa idea é continuar desenvolvendo distintas campañas para ir sabendo o que esconde este Castro”, baseándose ademais no convenio acadado coa Dirección Xeral de Patrimonio para garantir o mantemento e control da vexetación.

Os primeiros traballos xa deixan ver como eran parte dos muros de pedra e fixeron aflorar fragmentos de pezas cerámicas decoradas e de bronce. Unha peza ibérica que “garante que houbo comercio co Mediterráneo” deste xacemento situado no “arco ártabro bergantiñán, das terras do río Anllóns, e no que vivía o pobo ártabro que destacaban por ser bos navegantes” convertindo este Castro nun “centro de distribución de mercadorías”, segundo sinala Soto.

”Quen veña de visita verá un xacemento da Idade de Ferro de grandes dimensións e que está coidado grazas ás limpezas realizadas”, polo que a día de hoxe “é case un parque, con áreas limpas de afloramentos rochosos con petroglifos e que pode funcionar tamén como un miradoiro”.

Novas relacionadas

Comentarios