As contaminacións crónicas da praia das Salseiras
Esta pasada fin de semana, a familia de voluntariado de Mar de Fábula volveu corroborar a cronificación dos vertidos de pellets na praia das Salseiras de Caión. A entidade leva anos vixiando o areal, e volveron denunciar que "todo segue igual". "Hai varias contaminacións crónicas neste areal", sinalan dende a entidade: "as cabichas, o lixo retrete e os miniplásticos xa non son novedade porque están presentes en todas as nosas praias. Pero o que diferencia esta praia de todas as demáis é a súa contaminación crónica de pellets de plástico. Non hai dúbida que algunha fábrica dos polígonos industriais da contorna ten un buraco na súa cadea de suministro polo que perde esta materia prima", denuncia.
A entidade ten trasladado a denuncia en varias ocasións ao concello pero segue sen recibir resposta. "Asi están as cousas mais, seguiremos na teima de poñer enriba da mesa a contaminación crónica de pellets de plástico que sofre esta praia e o desleixo das institucións para facer fronte a este problema ambiental".
Máis novas