Sábado. 04.05.2024
El tiempo

Denuncian ante o Seprona a contaminación crónica de pellets de resina na praia das Salseiras

Lixo marino na praia das Salseiras de Caion
Denuncian ante o Seprona a contaminación crónica de pellets de resina na praia das Salseiras

Esta pasada mañá de mércores 28 de febreiro, a familia de Mar de Fábula achegou á praia das Salseiras en Caión, concello da Laracha, para confirmar as súas sospeitas da presencia histórica de pellets de resina nesta praia.

"Dicimos histórica porque xa hai máis de cinco anos que vimos atopando nesta praia ao longo das liñas de marea, cada vez que nos achegamos a ella, milleiros de pellets de resina, por suposto, con procedencia de terra e NON de ningún barco, e con máis que probable orixe nalgunha fábrica que utiliza esta materia prima, do polígono industrial de Bértoa, Carballo, polígono industrial situado moi perto da costa e na que seguro descargan as súas redes de saneamento", explica Xosé Manuel Barros.

Lixo marino na praia das Salseiras de Caion 1

"Agora que xa pasou o balbordo dos famosos pellets de resina que caeron ao mar dun container en días pasados e dos que xa ninguén fala, a contaminación crónica, de sempre, procedente de terra firme, con total impunidade, sigue envenenando as nosas augas costeiras cos seus aditivos químicos e, seguramente, causando a morte de infinidade de aves e especies mariñas que os confunden con alimento".

Po todo iso, Mar de Fábula presentará unha denuncia ante o SEPRONA para que este organismo investigue a orixe destos vertidos. 

Novas relacionadas

Comentarios