Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Laracha aproveita o bo tempo para apurar as obras públicas

Laracha aproveita o bo tempo para apurar as obras públicas
Continúan as obras no Concello da Laracha aproveitando o bo tempo, que por exemplo ten en fase de execución as obras de renovación do pavimento da estrada que comunica Gabenlle con Cillobre por Os Castro. Con estes traballos (que teñen un investimento de 72.000€) melloraranse as comunicacións rodadas nesa zona da parroquia de Torás próxima ao núcleo urbano da Laracha e que tamén dá acceso ao depósito de auga.

Esta actuación forma parte do proxecto que, ademais, contempla melloras no pavimento das estradas nos núcleos de A Barreira, Riotorto e Os Castros, obras que xa están rematadas.

 

Comentarios