A Laracha contará cun punto de información sobre o Parkinson
09:05 19/03/26
O Concello da Laracha contará, a partir do 27 de marzo, cun punto de información acerca da Enfermidade de Parkinson, gracias á colaboración da Asociación Parkinson Galicia-Coruña e a Fundación “la Caixa”.
Unha profesional da Asociación achegarase ao Edificio Administrativo (Avda. Fisterra nº 60), os venres, con periodicidade quincenal, en horario de 9:00 a 15:00h para ampliar a atención, orientación e detección de necesidades a persoas afectadas e ás súas familias.
Será preciso solicitar cita previa a través dos teléfonos 981 241 100 / 618 950 128 ou do correo electrónico info@parkinsongaliciacoruna.org.