A Planta de Biogás de Soandres non consegue a unanimidade do Parlamento
A pesar que a nivel municipal, os representantes dos 3 grupos foron capaces de chegar a un acordo unánimo de rexeitamento ao proxecto da planta de biogás de Soandres, os mesmos grupos non foron quen de ratificalo a nivel autonómico. O PP rexeitou unha proposicion non de Lei presentada polo PSOE, e apoiada polo BNG, que invitaba ao Parlamento a instar á Xunta a realizar unha serie de accións para “Garantir un proceso real e efectivo de información e participación pública” sobre o proxecto.
A proposición propuña que a Xunta exise a elaboración dun informe independente de impacto ambiental e sanitario, alleo ao promotor”, así como a” aprobación dunha regulación autonómica específica das plantas de biogás e biometano”, no marco dun “plan galego de xestión integrada das explotacións gandeiras e das plantas de biogás, que evite a implantación desordenada de proxectos e garanta un modelo sustentable, descentralizado e adaptado á realidade galega”.
Os dous grupos alertaron de todos os riscos que están poñendo en pé á veciñanza, que deixou pequeno o salón de actos do Concello larachés na reunión informativa desta semana. E mesmo engadiron unha enmenda na que pedían suspensión cautelar administrativa por parte da Xunta.
Con todo, o voceiro de Industria no Parlamento, Rubén Lorenzo tivo que argumentar o rexeitamento a esta Proposición. O edil carballés recoñeceu a preocupación “lexítima” da veciñanza da Laracha, e recoñece o apoio da alcalde popular da Laracha, que esta acompañando á veciñanza a presentar alegacións. E foi aí onde defendeu que “a Xunta de Galicia ten xa unha obriga legal de tramitar todos os proxectos quese lle presente, porque este non é un proxecto da Xunta, é un proxecto dunha empresa privada que ten dereito a facelo”.