Recunchos da Costa: O Castro de Montes Claros

Imaxe da escavación na entrada á croa

Fachendea a parroquia de Vilaño de castro. O de Montes Claros é un espazo para sacar peito, e máis dende que en 2017 o concello da Laracha se decidiu a aposta pola investigación arqueolóxica ao seu arredor. Primeiro ocupouse de liberalo de eucaliptos e nos últimos anos está aproveitando axudas autonómicas para realizar intervencións arqueolóxicas dirixidas por Puri Souto, que pasan da escavación á explicación a través de visitas abertas á cidadanía.

Este poboado castrexo, datado da idade do Ferro, é un “xacemento arqueolóxico monumental”, cunha croa que ronda as 2 hectáreas pero un extenso poboado exterior que se foi estendendo ás súas faldas que aínda está por definir, pero que podería duplicar a superficie da croa. "É un castro 360º", resume a arqueóloga.

Imaxe aérea do Castro de Montes Claros-Foto: CulturaGalega
Silueta perfecta do Castro de Montes Claros dende o seu aparcadoiro

A día de hoxe, ademais de poder gozar da visita (está sempre aberta, aínda que pareza que non, pero é que ten unha entrada estreita para evitar a saída dos seus habitantes) podes charlar un pouco cos burros e cabalos que coidan que as herbas non medren demasiado, 5 équidos de pura raza galega que custodian o castro.

5 équidos custodian o Castro de Montes Claros

A través do seu espazo virtual nas redes podedes seguir as actividades que organizan cada ano.

O Acceso está sempre aberto ao Castro de Montes Claros

Como chegar

Máis novas sobre o castro

MÁIS RECUNCHOS DA COSTA