sábado. 12.07.2025
El tiempo

Poñen en valor os traballos de escavación e musealización do Castro de Montes Claros

markup_1000214258
Poñen en valor os traballos de escavación e musealización do Castro de Montes Claros

Visita institucional onte da Xunta ao castro de Montes Claros, na Laracha, onde a semana pasada se iniciaron uns traballos nos que se invisten 17.800€.

Durante a visita ao xacemento do municipio coruñés da Laracha, o conselleiro López Campos lembrou que no xacemento larachés estanse a levar a cabo traballos de escavación con metodoloxía arqueolóxica cara a zona do torreón para ampliar estruturas.

A isto, únenselle labores de conservación, musealización e consolidación da superficie escavada coa finalidade de facilitar a visita pública.

Ademais, a campaña contempla o estudo e preservación dos materiais arqueolóxicos recuperados e accións como visitas e charlas que teñen que ver coa súa divulgación cara a cidadanía.

Con esta intervención continúa o programa de recuperación e posta en valor do castro, promovido polo concello da Laracha desde o 2017, cando se iniciaron os primeiros traballos de limpeza da vexetación para converter o espazo nun referente cultural para a zona. Un obxectivo que continuou con diversas campañas para visibilizar o conxunto de estruturas que compoñen o poboado, a última delas o ano pasado, tamén apoiada pola Xunta, cando se realizaron novas escavacións que afondaron no coñecemento do ben.

Comentarios