#SoandoconForza: 32 anos do histórico concerto de Yo la Tengo na Laracha

Reseña publicada pola Voz de Galicia con data o mesmo día do concerto
Lembramos medio centenar de concertos históricos en Galicia

O 27 de maio cumpríronse 32 anos do histórico concerto que Yo La Tengo deu na Calle de Cristal de A Laracha. Ademais este concerto, celebrado o sábado 27 de maio de 1989, ten a peculiaridade que foi o segundo que a banda de Nova Iorque ofreceu en España, xa que ata ese momento tan só tocaran en Madrid previamente.

O paso de Yo La Tengo (unha das bandas de referencia do indie americano dos anos 90, xunto con outras como: Sonic Youth, Pavement, Dinosaur Jr ou Pixies) por A Laracha, é unha das anécdotas musicais da Costa da Morte que aínda a día de hoxe a calquera melómano lle costa crer.

Outros concertos históricos en Galicia

Lembramos outros históricos concertos en Galiza (seguro que me esquezo de algún importante e tamén quedan fóra da lista os grandes concertos do xacobeo 93 e 2004 no estadio de Riazor e monte do Gozo):

  • GNR (Portugal) e Semen Up en Buño (campo de futbol) en agosto de 1985.
  • RAMONES e Los Suaves de teloneiros, 13 de novembro de 1981 pavillón de deportes de A Coruña.
  • Ramones tamén en Marzo de 1991 pavillón de As Travesas (Vigo) e o 13 de Marzo de 1993 no Coliseo de A Coruña.
  • Lords of the New Church en Vigo (Castrelos).Agosto de 1986 e na Iguana 14 de Abril de 2002 Vigo.
  • Na emblemática sala viguesa Iguana club, inagurada en Decembro de 1990, os primeiros anos actuaron Green Day teloneiros de Nofx, e Offspring.
  • O mesmo día Madona en Vigo (Balaídos) e Prince en A Coruña (colexio Santa María del Mar), 29 de Xullo de 1990.
  • Dire Straits en Vigo (Balaídos) verán de 1992.
  • Depeche Mode Pontevedra (en Pasarón) 13 de Xullo de 1993.
  • Prince Santiago de Compostela (Monte do Gozo) 17 de agosto de 1993.
  • Iggy Pop en Vigo (Sala ENE) 1994.
  • Mike Oldfield en Pasarón festas da peregrina Pontevedra Agosto de 1995.
  • Elastica en A Coruña ( playaclub) 16 de Decembro de 1995.
  • Iron Maiden 22 de Maio de 1998 en Ourense (campo de futbol os Remedios).
  • The Cure, Noroeste Pop Rock, praia de Riazor, A Coruña 18 de agosto de 1998.
  • Rolling Stones en Vigo (Balaídos) 18 de Xullo de 1998.
  • Molotov Lugo 10 de outubro de 1998.
  • REM no  aparcamento instituto feiral de Vigo 20 de Xuño de 1999.
  • Rolling Stones en Santiago Monte do Gozo 16 de Xullo de 1999.
  • Metallica en Vigo (Castrelos) 18 de Xullo de 1999.
  • Sonic Youth, Iggy Pop,Yo  la Tengo, Fu Manchu, Teenage Fanclub, Ash,L7…13 ,14 e 15 de Xullo  2000 Santirock Monte do Gozo.
  • Ocean Colour Scene 20 de febreiro de 2000  A Coruña (Playaclub).
  • Deep Purple en  Vigo (Castrelos) Agosto de 2000.
  • Smashing Pumpkins 7 Outubro de 2000 Santiago (Multiusos do Sar).
  • Neil Young e Beck Coliseo de A Coruña 12 de Xullo de 2001. 
  • Placebo e Sexy Sadie en  Vigo (pavillón das Travesas  ),1 de agosto de 2001.
  • Ocean Colour Scene outubro 2001 en Lugo (Pavillón de deportes)
  • Godspeed You! Black Emperor  Código de Barras (organizado polo Vademecum) 27 de Xaneiro de 2002.
  • Death Cab  For Cutie  1 de febreiro 2002 La Iguana Vigo;2 de febreiro  Sala Mardi Grass. A Coruña.
  • Oasis en Vigo  (Castrelos ) 24 de Xullo de 2002.
  • Jamiroquai en Vigo (Castrelos ) 27 de Xuño de 2002  .
  • Rinôçérôse San forilán Lugo outubro 2002.
  • Primal Scream con Sidonie teloneiros  en Castrelos Vigo 6 de agosto de 2003. 
  • Placebo e Suede Santiago (multiusos do Sar) santirock. 31 de outubro e 1 de novembro.de 2003
  • Red Hot Chili Peppers. Santiago (Monte do Gozo) 27 de xuño de 2004
  • Supergrass  en Castrelos Vigo 16 de agosto 2004 
  • Violent  Femmes ,The Soundtrack  of Our Lives, Gluecifer, Los Coronas E High Sierras. Festival indie rock xacobeo 2004 no multiusos do Sar. 1 de Decembro de 2004
  • The Prodigy con Deluxe como teloneiros  31 de Xullo de 2005 en Vigo (Castrelos).
  • The Clientele 20 de Outubro de 2005 sala Vademecum.
  • Placebo e Echo and The Bunnymen en Villagarcía festival do norte.Mayo 2006.
  • Paul Weller noroeste pop rock 3 de agosto de 2006
  • The Go Team! en A Coruña, 23 de Agosto de 2008.
  • CocoRosie e Antony and the Johnson sala Vademecum Vigo 6 de novembro de 2004.
  • No Vademecum tamén actuou Khan con Julee Cruise a cantante de Twin Peaks.
  • Mercury Rev 12 de Maio de 2006.Inmediacións Expourense. 27 de Setembro de 2006 Liars con Deerhunter A Coruña (Playaclub) 
  • Ladytron Playa Club  A Coruña, 8 de maio de 2007.
  • The Robocop Kraus en A Coruña (playaclub) 14 de novembro de 2007
  • Beach Boys con Gloria Gaynor  en Vigo( Castrelos) 13 de Xullo de 2001.
  • 24 de Agosto de 2001 Manu Chao en  Lalín (Campo de futbol).
  • The Stranglers Noroeste Pop Rock 94 A Coruña.
  • Happy Mondays 19 de  Xuño de 2007 A Coruña, xardins de Mendez Nuñez
  • Stereolab  Pazo da Cultura de Pontevedra, 21 de Novembro de 2008.
  • The Hellacopters en Expocoruña 20 setembro 2008.
  • The War on Drugs  na Fábrica de Chocolate Vigo. 11 de marzo de 2009.

 

SOANDOCONFORZA