Xa se vai albiscando o verán e xa hai festivais que van confirmando a súa celebración. Aquí traemos un pequeno avance dos artistas confirmados que pasarán por Galiza este verán:
No 17º Ribeira Sacra Festival, a falta de máis artistas por confirmar: Teenage Fanclub ,The Excitements, Budiño & Novoa, Bronquio, Auto Sacramental, Ale, Dani.
Mentres, Orballo Cultural celebrará nas catro provincias (e en varios puntos da comarca) concertos, nos que xa están confirmados os seguintes artistas: Iván Ferreiro, Mclan, Sés, Baiuca, Ortiga, Apart, Alejandra Pais, Russinha, Cora Velasco, Monoulious Dop, The Rapants.
Para ir quentando 5 temas dos escoceses Teenage fanclub, reis do power pop nos anos 90. What you do to me e The Concept, dous temas do disco Bandwagonesque de 1991:
Sparky´s Dream, incluído no album de 1995 Grand Prix:
Ain´t that enough, incluida no álbum Songs From Northern Britain de 1997:
Endless Arcade, do último disco de igual título publicado este ano:
- Maikel Pérez Castro, Picadiscos.
SOANDOCONFORZA
- #SoandoconForza: Dúas listas para #RadioQPC.
- 5 novidades de bandas galegas.
- 5 sesións para amenizar a finde.
- 5 imprescindibles documentais de música.
- Lembrando unha visita de Manu Chao á Costa da Morte.
- Catro novidades e un clásico para a última fin de semana de marzo.
- Playlist polo Día do Pai.
- #SoandoconForza: Baiuca.
- #Soandoconforza: “Tu Futura Ex Mujer”.
- #SoandoconForza: Coñecendo a banda carballesa "Apart”
- “Son Carballo”, unha playlist de bandas carballesas.