Venres. 29.03.2024
El tiempo

Costa da Morte

#SoandoconForza: 5 imprescindibles documentais de música

Esta fin de semana, a proposta Soando con Forza chega con 5 documentais de música. Por se te quedaches sen opcións para lacazanear cos teus dispositivos despois dunha Semana Santa intensa, aquí vai unha pequena axuda.

A primeira proposta, que vemos arriba é “Porto Electrónica 1985-2005”. En tan só 32 minutos de documental, 20 anos da tal vez descoñecida cultura clubbing da cidade de Porto.

”B. MOVIE LUST & SOUND IN WEST BERLIN 1979-1989”

A arte, a música e o caos de Berlín occidental contado da man de un mancuniano, que ó igual que Nick Cave, percatouse que nesa época, West Berlín, era "the place to be”:

 

”UPSIDE DOWN”

A marabillosa historia do selo Creation Records e as arriscadas apostas por bandas totalmente descoñecidas do seu xefe, Alan McGee, metade tolemia, metade instinto, foi a persoa que acolliu a bandas como Oasis, Jesus and Mary Chain, Primal Scream, My Bloody Valentine ou Ride, cando ainda nin conseguían arrastrar a 20 persoas aos seus concertos.
A música está en débeda co señor McGee.

 

”BEFORE BAUHAUS: HOW GOTH BECAME GOTH”

Un breve repaso a historia da sempre enigmática música gótica.

 

”O KRAUTROCK: O RENACEMENTO DE ALEMAÑA”

Os documentais da BBC son auténticas xoias, este en concreto sobre o Krautrock (etiqueta qué nunca soportaron as propias bandas orixinarias do movemento) debería de ser un "must" para calquer melómano.
Unha forma nihilista de romper co rock primitivo americano foi posible en Alemaña.

 

SOANDOCONFORZA

#SoandoconForza: 5 imprescindibles documentais de música